Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas da Dirección Xeral


(23-07-2008)

Reunión do Consello Galego do Voluntariado de 31 de xullo de 2007

O Consello Galego do Voluntariado terá lugar este mércores, 24 de xullo en Santiago de Compostela

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de convocar, en sesión ordinaria, a reunión do Consello Galego de Voluntariado (CGV) para este xoves, 24 de xullo ás 12.00 horas na Sala Capela do “Hotel AC Palacio del Carmen”, situado na rúa Oblatas s/n, de Santiago de Compostela. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidirá a xuntanza.

Entre os temas que se abordarán na orde do día figura a análise da execución do Plan Galego do Voluntariado 2006-2010; así como a presentación do...

Ampliar

(23-07-2008)

Un momento da presentación do programa Vacacións en Paz

Nenos e nenas dos campos de refuxiados palestinos convivirán estes días con rapaces e rapazas galegas no campamento de verán que Xuventude e Solidariedade organiza en Espiñeira (Boiro)

Nove nenos e nenas palestinos, acompañados de dous monitores, están durante estes días e ata o vindeiro 30 de xullo no campamento de verán de Espiñeira (Boiro), onde convivirán cos rapaces e rapazas galegos e incluso está previsto que preparen conxuntamente unha obra de teatro. Este campamento está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade no marco da súa campaña de verán.

Os nove nenos procedentes dos campamentos de refuxiados palestinos e con idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos chegaron a Galiza na noite deste...

Ampliar

(21-07-2008)

O Voluntariado en Defensa do Monte Galego achégase aos mozos de Vedra

Un monitor do Voluntariado en Defensa do Monte Galego (VDMG), programa de voluntariado ambiental dependente da Dirección Xeral de Xuventude e...
Ampliar

(17-07-2008)

Imaxe ilustrativa da noticia

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade regula a creación e modificación de catro ficheiros para adaptalos á Lei de Protección de Datos

O Diario Oficial de Galicia publicou este 16 de xuño dúas ordes polas que se crean tres novos ficheiros de datos automatizados vinculados a outros tantos programas que está levando a cabo actualmente a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade; e se modifica o ficheiro existente para o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria. Trátase en ambos casos de dar cumprimento ao disposto na Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

As tres novas bases de datos que se crearán están vinculadas ao ciclo conversascon:, ao programa de formación do departamento galego e ao Teléfono...

Ampliar

(17-07-2008)

Voluntaria nun campo de traballo de SCI

SCI busca coordinadores de campos internacionais de voluntariado

O Servicio Civil Internacional...
Ampliar

(16-07-2008)

Voluntarios no espazo natual La Nava-Campos

Ofertan prazas vacantes de voluntariado ambiental no espazo natural de La Nava-Campos

O proxecto de voluntariado ambiental no espazo natural de La Nava-Campos (Palencia), promovido pola Junta de Castilla y León xunto coa Fundación Global Nature, desenvólvese co obxecto de ofrecer a posibilidade aos novos participantes de coñecer directamente este ecosistema, as súas potencialidades e o seu alto valor ecolóxico, así como participar nas accións de xestión e manexo que se realizan neste.

Os obxectivos específicos que se pretenden conseguir co desenvolvemento deste voluntariado, enmárcanse en 4 liñas xerais de actuación: colaborar nos...

Ampliar

(16-07-2008)

Un momento da reunión

Scouts de Galicia informou á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade das súas principais liñas de traballo

O director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, mantivo unha reunión con representantes de Scouts de Galicia, entidade que agrupa a preto de 1.000 persoas e que leva anos desenvolvento iniciativas e proxectos no eido da educación integral a través do método scout.

Dous representantes de Scouts de Galicia, Escutismo Católico...

Ampliar

(15-07-2008)

O director xeral, Rubén Cela, coa presidenta de Amigos da Terra, Judith Sing

Amigos da Terra expuxo a Rubén Cela o plan de traballo da organización ecoloxista ao abeiro da Orde de Axudas da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

A presidenta de Amigos da Terra, Judith Sing, e o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, abordaron na xuntanza celebrada hoxe en San Caetano os proxectos de educación ambiental e sensibilización da mocidade a este respecto impulsados pola organización ecoloxista.

Amigos da Terra informou ao director xeral de Xuventude de...

Ampliar

(15-07-2008)

Master en entidades sen ánimo de lucro

A Universidad Rey Juan Carlos e a Universidad Autónoma de Madrid imparten sendos master -en liña e presencial, respectivamente- dirixidos a formar profesionais coa preparación específica necesaria para ocupar postos de responsabilidade en entidades non lucrativas.

A Universidad Rey Juan Carlos, en colaboración con AECA, Aldeas Infantiles, Mensajeros de La...

Ampliar

(11-07-2008)

Logotipo de formación

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convida ás entidades de acción voluntaria a participar na elaboración do Programa de Formación 2009

As entidades de acción voluntaria, concellos e mancomunidades de municipios inscritos no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria (EAV) poderán participar na elaboración de contidos do Programa de Formación de Voluntariado 2009 presentando as súas propostas de cursos.

No ánimo de implicar a todas as EAV nas actuacións que se levan a cabo desde a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade para o fomento da acción...

Ampliar

(11-07-2008)

Voluntarios patrullando en Pontecesures

Voluntarios en defensa do monte comezan a vixilancia disuasoria da área metropolitana da Coruña

Esta fin de semana os voluntarios en defensa do monte galego, o programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, comezan a...
Ampliar

(11-07-2008)

Un momento da presentación do programa en Carballo

Carballo aposta pola defensa do monte galego a través do programa de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

O Concello carballés xa forma parte da rede do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, acollendo un dispositivo comarcal que ofrece cobertura para toda a zona de Bergantiños e que abrangue unha superficie de 740 quilómetros cadrados, xa que tamén opera en concellos limítrofes como Cerceda, Arteixo, Tordoia, Zas, Vimianzo ou Santa Comba. En virtude dun acordo coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, entidade promotora do programa, Carballo únese a esta iniciativa solidaria que conxuga a vixilancia contra os incendios forestais, a disuasión e o apoio aos equipos de extinción.

Este novo servizo foi presentado este venres 11 de xullo pola delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tareixa Novo; o...

Ampliar

(09-07-2008)

Portada do Infoxove de xullo

Faite co Infoxove de xullo!

Neste número atoporás interesantes artigos como a experiencia dunha...
Ampliar

(04-07-2008)

Entidades participantes nun encontro na Coruña sobre a orde de subvencións

Publicada no DOG a relación e EAV beneficiarias das axudas para fomentar a acción voluntaria

No Diario Oficial de Galicia do mércores 2 de xullo e no do 3 de xullo, en virtude da Lei de Transparencia, pódese consultar a relación de entidades de acción voluntaria (EAV) e concellos e mancomunidades de municipios que recibirán subvención Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade para o fomento e realización de actividades de voluntariado no ano 2008. Previamente á publicación no DOG, o listado estaba a disposición pública na web da Vicecpresidencia da Igualdade e do Benestar, sección, LEI DE TRANSPARENCIA.

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de resolver as ordes de subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios; e a...

Ampliar

(01-07-2008)

Voluntarios nun campos de traballo de edicións anteriores

Aberta a inscrición no Programa de Voluntariado en Parques Nacionales 2008

O Organismo Autónomo Parques Nacionales, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, en colaboración con diversas Organizacións, convoca de novo neste 2008 diferentes proxectos de voluntariado en parques nacionais, terreos, centros e refuxios de ámbito estatal de caza entre xullo e novembro.

Segundo explican os promotores, esta é unha oportunidade única para coñecer estes espazos protexidos colaborando en diferentes proxectos de...

Ampliar

(30-06-2008)

Convocan entre o profesorado galego os Premios á innovación educativa sobre a educación nos valores democráticos

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, promove este concurso xunto con outras seis consellerías da Xunta. O obxectivo do mesmo é dar a coñecer aquelas experiencias educativas innovadoras que propician a adquisición de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, participa xunto con coas Consellerías de...

Ampliar

(27-06-2008)

Logotipo do ciclo conversascon:

A videoteca de voluntariadogalego.org amplíase

A videoteca de www.voluntariadogalego.org conta novas entradas. Desde hoxe...
Ampliar

(24-06-2008)

Foto de mozos nunha reunión

Un premio destaca o liderazgo social dos máis novos

A Fundación General Universidad Europea de Madrid en colaboración coa International Youth Foundation convoca por primeira vez "Los Premios Nuevos Emprendedores Sociales".

Os dez gañadores recibirán un curso intensivo de sete días en Madrid (todos os gastos pagos) e a posibilidade de que se creen contidos académicos...

Ampliar

(20-06-2008)

O Programa Jóvenes Cooperantes xa se atopa no servizo público de emprego

Para poder participar na edición deste ano só é necesario estar inscrito no INEM

Se desexas participar nalgún proxecto de cooperación en países de América Latina, África, Europa Central e Oriental ou Asia, poderalo facer a través...

Ampliar

(17-06-2008)

Foto de familia das autoridades e premiados

A Obra Social La Caixa premia dous proxectos solidarios de mozos galegos

O segundo "Concurso de Iniciativas Mozos con valores" recoñece aos grupos de mozos e mozas que impulsan proxectos que teñen como obxectivo a promoción de valores a partir do servizo á comunidade. O proxecto premiou a iniciativa "Olla a túa cidade dende outra", levada a cabo por trece alumnos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do Colexio Aloia de Vigo, que ten como finalidade facer un intercambio interxeracional entre novos e maiores.

O Edificio de San Caetano acolleu este martes 17 de xuño a entrega de premios, na que participaron o Director Xeral de Xuventude e Solidariedade,...

Ampliar

(02-06-2008)

Un momento da presentación do programa Rodela

As mulleres vítimas de violencia de xénero xa poden solicitar o acompañemento dos voluntarios que forman parte do programa Rodela

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, sinalou que con esta iniciativa, Galiza sitúase á vangarda do Estado en estratexias de loita contra a violencia de xénero. Un total de 60 persoas voluntarias acompañarán e apoiarán ás vítimas nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo.

A Vicepresidencia da Xunta dá un paso máis na loita contra a violencia de xénero coa posta en marcha efectiva do programa Rodela, unha iniciativa que...

Ampliar

(23-05-2008)

O director xeral, Rubén Cela, xunto cos outros tres premiados na categoría Sociedade Web

voluntariadogalego.org gaña o premio Eganet 2008 na categoría Sociedade Web

O director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, recolleu o galardón nunha gala celebrada o xoves 22 en Santiago de Compostela

voluntariadogalego.org, o portal institucional da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade dedicado ao ámbito do voluntariado,...

Ampliar

Formato RSS 2.0
Vicepresidencia Xunta de Galicia (Nova ventá)