Proxecto Camiños ó bo trato

Do
ao

A  Asociación Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo asinou un convenio en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para a formación en igualdade de xénero.

Esta formación darase a través de obradoiros presenciais e está dirixida, ademáis de a centros educativos, a  concellos e entidades da provincia de Pontevedra, que poderán solicitar que estes obradoiros se realicen nas súas propias sedes dende abril ata decembro.

Para solicitar esta formación, os concellos e as entidades que o desexen, deberán poñerse en contacto coa Rede de Mulleres a través dos teléfonos 986222328 ou 670453431 ou no mail redemediadorasvigo@gmail.com.

Máis información nos dípticos adxuntos.