A Asociación Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo asinou un convenio en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para a formación en igualdade de xénero.
Esta formación darase a través de obradoiros presenciais e está dirixida, ademáis de a centros educativos, a concellos e entidades da provincia de Pontevedra, que poderán solicitar que estes obradoiros se realicen nas súas propias sedes dende abril ata decembro.