Máis de 30 centros de toda Galicia participan en programas de voluntariado educativo este curso

A Consellería de Política Social e Xuventude pon en marcha, un curso máis, diferentes programas para promover o voluntariado educativo desde os centros. Neste curso 2023/2024 hai 34 centros diferentes das catro provincias galegas implicados, concretamente 11 no programa Pasaporte Solidario, 20 en Voluntariado Miúdo e 8 na Rede de centros escolares solidarios. Algúns, como é o caso do CEIP Os Casais de Fene, o CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros, o CPR Plurilingüe Divina Pastora de Ourense ou o CPI de Padrenda-Crespos participan en varias iniciativas.


A través destes programas búscase promover, xa desde idades temperás, os valores intrínsecos ao voluntariado como é a solidariedade, o traballo en equipo ou o compromiso. Tamén se fomenta que os centros educativos, e que o alumnado participante nestas iniciativas, establezan vínculos coas organizacións sociais da súa contorna, co obxectivo de amosar aos mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, que son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade.

Consulta o apartado de Plans e programas desta web, na pestana educativa, para obter máis información. 

/portada