Información sobre recollida de pellets para entidades e persoas voluntarias

1. A Xunta ten despregado un dispositivo de profesionais que están limpando e retirando os pellets que chegaron aos areais da nosa comunidade.

2. Co fin de facilitar toda a información sobre as recomendacións a seguir para as persoas voluntarias que se acheguen aos areais, despregouse persoal de información do voluntariado para resolver calquera dúbida ao respecto.

3. Para recoller os pellets é fundamental que sigas as indicacións do documento de recomendacións específico para entidades e persoas voluntarias elaborado no marco do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal). Aquí tes o enlace: http://www.plancamgal.gal/es/noticias/protocolo-de-recollida-de-pellets-para-entidades-e-persoas-voluntarias

4. Podes tamén consultar o seguinte vídeo de carácter formativo e de apoio:

https://www.plancamgal.gal/documentacion?tema=CAMGAL_TOCONAO+Formaci%C3%B3n&q=&orden=