Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Punto de encontro

Formulario de inscrición como voluntario

Servizo de conciliación familiar
Descrición do servizo:
O servizo de conciliación familiar concíbense como unha acción complementaria as actuacións que se desenvolven na Asociación (accións formativas, itinerarios de inserción, banco de recursos, etc.).
Ademais das tarefas propias de atención e coidado das nenas e nenos menores, as persoas responsables do servizo de conciliación desenvolven actividades lúdico-formativas e prestan atención ás particularidades dos cativos na esfera persoal, emocional, social e educativa. As temáticas a traballar están adaptadas ás súas idades, sempre relacionadas coa adquisición de valores universalmente recoñecidos: tolerancia, respecto, igualdade, corresponsabilidade, solidariedade, etc.
Así mesmo, parte do seu traballo será levar un control diario de asistencia ao servizo, e cubrir un rexistro diario de incidencias, no que se dea parte das atencións levadas a cabo con cada un dos menores, e se informe sobre aquelas cuestións que sexa relevante comentar.
Pola nosa experiencia, o servizo de conciliación adoita ir máis alá do mero coidado das nenas e nenos para converterse nun medio eficaz de detección de necesidades evolutivas, sociais, e educativas nos menores; mellorar hábitos e rutinas relacionadas coa hixiene, a alimentación, as normas e límites; aprender valores universais a través das lecturas, a música e os xogos; así como incidir en que as nais tomen conciencia da importancia de prestarlle atención a estes aspectos para lograr un bo desenvolvemento das súas crianzas.

[ASOCIACIÓN CENTINELAS]

Ampliar
Programa de Vida independiente
Colaboración no programa de Vida independiente de Down Compostela destinado a persoas coa síndrome de Down, nunha vivenda situada en Fontiñas

[ASOCIACIÓN SINDROME DE DOWN DE COMPOSTELA]

Ampliar
Proxecto Referentes
En Referentes buscamos persoas que queiran acompañar a mozos e mozas maiores de 16 anos e sen apoio familiar no seu camiño cara á vida independente. Buscamos referentes adultos que lles permitan ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade. Como facelo? Conversando durante un café, preparando un prato típico, facendo unha pequena ruta en bici, asistindo á nova estrea de teatro, xantando no parque con outras amizades... Hai toda clase de opcións coas que mozo e referente poden ir creando un espazo común e un vínculo persoal.

[INSTITUTO GALEGO DE XESTION PARA O TERCEIRO SECTOR, IGAXES3]

Ampliar
Voluntariado en domicilios.
Buscamos voluntari@s que desexen acompañar a persoas maiores no seus domicilios unha vez á semana. Trátase de persoas que non teñen a nadie que lles faga compaña nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

[ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA, ASDEGAL]

Ampliar
Acompañamento en residencias da terceira idade.
Precisamos voluntari@s para acompañar a persoas que viven en residencias da terceira idade nas cidades de Vigo, A Coruña e Pontevedra.

[ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA, ASDEGAL]

Ampliar
Acompañamento en hospitais, respiro familiar.
Buscamos voluntari@s que desexen acompañar a persoas que estén ingresadas en hospitais nas cidades de Vigo e A Coruña.

[ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA, ASDEGAL]

Ampliar
Clases de reforzo a menores en risco de exclusión social.
Necesitamos persoas que poidan impartir clases de reforzo de EP, ESO e bacharelato en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela a menores en risco de exclusión social.

[ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA, ASDEGAL]

Ampliar
Talleres de informática e novas tecnoloxías da comunicación.
Necesitamos voluntari@s que poidan impartir clases de informática a persoas en risco de exclusión social en Vigo.

[ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA, ASDEGAL]

Ampliar
Bailes para alegrar
Bailes de salón e bailes modernos cun grupo de 20 persoas.
Apoio de profesionais.

[COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO SANTIAGO]

Ampliar
A Escola. Aula de educación permanente de adultos
Impartir clase a persoas ingresadas no Hospital Psiquiátrico. Grupos de 5/6 alumnos.

[COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO SANTIAGO]

Ampliar

[ 1 ] [ 2 ] 3 [ 4 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds