Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Punto de encontro

Formulario de inscrición como voluntario

Grupos Interactivos en Inglés
Grupos Interactivos: acción dentro das aulas de Ei, EP, ESO, en horario lectivo. Dinámica de dinamización de grupos.

[FUNDACIÓN ESCUELAS NIETO]

Ampliar
En Galicia tamén hai Scouts
Se te atrae o voluntariado, gústache traballar na educación de rapaces e rapazas, coñecer xente, facer actividades ó aire libre, queres deixar o mundo mellor de como o atopaches, facer accións de servizo medioambientais ou sociais ou queres facer o curso e/ou as prácticas de monitor ou director de tempo libre tan só tes que ponerte en contacto con nós ben no número de teléfono 679256405 (Chema), no teléfono 627004632 (David) ou no correo electrónico adesantiago@scoutsgalicia.org

A ADE de Santiago-Scouts de Galicia ten 3 grupos na cidade de A Coruña: o Grupo Scout Nyeri no barrio de Monte Alto, o Grupo Scout Stoas no barrio de O Ventorrillo e o Grupo Scout Ahadi no barrio de Os Rosales; ten tamén un grupo na vila de Sada: o Grupo Scout Ronsel e dous grupos máis na cidade de Santiago de Compostela: o Grupo Scout Khanhiwara no Centro Xuvenil Don Bosco e o Grupo Scout Tau no convento dos Franciscanos.

Nós podemos poñerche en contacto co grupo scout que máis se adapte as túas necesidades ou co que queiras colaborar.

[ASOCIACIÓN DIOCESANA DE ESCUTISMO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA-SCOUTS GALICIA]

Ampliar
VOLUNTARIOS/AS PARA ACOMPAÑAR A PERSONAS CON DISCAPACIDAD
Necesítanse persoas voluntarias, optimistas, con ganas de axudar, para realizar acompañamentos a usuarios na zona de A Coruña en horario de mañá ou tarde, un día a semana.

[GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA, GRUMICO]

Ampliar
VOLUNTARIADO POR EL DÍA MUNDIAL DE LAS ENFERMEDADES RARAS
El próximo día 28 de febrero se celebra el Día Mundial de las Enfermedades Raras y la Federación Gallega de Enfermedades Raras y Crónicas instalará mesas informativas y de captación de fondos.
Acompáñanos y ayúdanos en esta labor para hacer visibles estas enfermedades y recaudar fondos que nos ayuden a mantener los servicio sociosanitarios que desde FEGEREC se ofrecen.

Participa con nosotros/as el sábado 24 y miércoles 28 de febrero y el jueves 1 de marzo en diferentes localidades gallegas. Puedes aportar desde un día completo hasta una hora de tu tiempo. Todo nos ayuda. ¡Gracias por tu interés!

[FEDERACION GALLEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS, FEGEREC]

Ampliar
V GRAN RECOGIDA DE ALIMENTOS 2017 BALRIAL
El Banco de Alimentos RIAS ALTAS ( BALRIAL) organiza los días 1 y 2 de diciembre, la campaña de recogida de alimentos previa a la Navidad.
Más información :www.balrial.org

[ASOCIACION BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS, BALRIAL]

Ampliar
Voluntarios para o coidado de cabalos en liberdade
Construcción dun padock dinámico de cabalos (desbroce, poda, limpeza, cerramentos, cercados...)
Coidados diarios dos animais (limpeza, alimentación, coidados)

[NATURAL ARDAI, TERAPIA, OCIO Y FORMACIÓN]

Ampliar
¡ASCM BUSCA NOVOS/AS VOLUNTARIOS/AS!
Desde a Asociación Sociocultural ASCM andamos na procura de novos/as voluntarios/as.
O grupo de voluntariado é moi importante dentro da nosa entidade, xa que sempre están presentes nas actividades que levamos a cabo.
¡Non o dubides e vive unha nova experiencia!

[ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL ASCM]

Ampliar
Voluntariado ambiental_informacción sobre compostaxe
dentro das actividades da Campaña ambiental "Residuo Mínimo" do Morrazo estaremos este sábado día 26 de 11 a 13 horas no mercadiño municipal de Moaña.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

Ampliar
Precisamos voluntarios para a II Andaina Solidaria de FAGAL
Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Federación Alzhéimer Galicia organiza a II Andaina Solidaria, que terá lugar o sábado 16 de setembro en Santiago de Compostela. Ó igual que a realizada o pasado ano, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 11h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 10:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

PERCORRIDO

A andaina terá unha duración de 5,5km e que se estima que levará arredor de 1 hora e 40 minutos e que percorrerá as seguintes rúas da cidade: Rúa das Estrelas, Camiño San Martiño de Aríns, Avda Fernando Casas Novoa, Rúa Miguel Ferro Caaveiro, Rúa San Lázaro, Rúa Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Cruce Avenida de Lugo, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Travesa de San Pedro, Rúa do Medio e Rúa de Bonaval. A entrada ó Parque realizarase pola entrada lateral situada nesa rúa.

Este ano modifícase o primeiro tramo da Andaina debido ás obras que se están a realizar na Rúa Ponte de San Lázaro, o que impide o paso de vehículos e peatóns, polo que a duración da Andaina será maior.

[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER, FAGAL]

Ampliar
Vacacións Verán con persoas adultas con diversidade funcional
Persoas voluntarias que queiran colaborar nas vacacións de verán na cidade de Pontevedra no mes de agosto. A tua labor como monitor/a será a de prestar os apoios que os teus compañeiros de viaxe precisen no uso eficaz e divertido do tempo libre ademais de compartir con eles e elas momentos de lecer e vacacións. Para participar é necesario ter máis de 18 años, estar dispoñible para algunha das quendas, do 10 ó 18 ou do 19 ó 27 de agosto, e nas reunións e formación previa. Ser activo e creativo nas relacions humans e estar disposto a desempeñar funcións asistenciais. Moi necesario tamén estar disposto a conducir furgonetas de pasaxeiros de 9 prazas(carne B normal para turismos) Ven a coñecernos, precisámoste!!!

[FUNDACIÓN DE ADULTOS DISCAPACITADOS DE LA CORUÑA, ADCOR]

Ampliar

[ 1 ] 2 [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds