Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Punto de encontro

Formulario de inscrición como voluntario

VOLUNTARIOS SÉNIOR NO CAMIÑO
Programa de acción voluntaria no Camiño de Santiago para galegos ou estranxeiros afincados en Galicia con máis de 55 anos.

[GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES]

Ampliar
Precisamos voluntarios para a III Andaina Solidaria de FAGAL
Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, a Federación Alzhéimer Galicia organiza a III Andaina Solidaria, que terá lugar o sábado 14 de setembro en Santiago de Compostela. Ó igual que a realizada en pasados anos, realizaremos o último tramo do camiño ata chegar ao Espazo da Memoria, no Parque de Bonaval. Esta andaina, aínda que o público principal son as familias coidadoras e os membros das nosas asociacións, estará a aberta á poboación en xeral, que poderá unirse a esta actividade e completar con nós os aproximadamente 4 km que separan o punto de inicio da ruta do Espazo da Memoria.

A actividade comezará ás 10h no Monumento a Juan Pablo II, situado na rúa do Gozo. Solicitarase ós asistentes que estean presentes nesta zona ás 09:30h para explicarlles o percorrido que se vai a realizar e os horarios previstos para o acto no Parque de Bonaval.

[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER, FAGAL]

Ampliar
voluntatariaos/as en Vacacións de Verán para apoiar a persoas con discapacidade intelectual
Acompañamento e prestar apoios nas actividades da vida diaria e de ocio a persoas con discapacidade intelectual nas súas vacacións de verán.
Quendas de 8 días
Buscamos persoas maiores de idade con valores acordes os que defendemos na entidade. Que te guste o noso proxecto de ocio e te animes a facer posible que este grupo de persoas desfrute das súas vacacións. Non precisamos expertos/as ou persoas con competencias específicas, pedirémosche moitas cousas pero si tes un pouco de capacidade de traballo, unha actitude positiva e cres, como o facemos nos, na importancia de encher a vida de todas as persoas de experiencias significativas es unha das persoa que estamos á procura

[FUNDACIÓN DE ADULTOS DISCAPACITADOS DE LA CORUÑA, ADCOR]

Ampliar
Voluntariado forestal en Tourón
Dende Amigos da Terra xunto ca Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) continuamos coas accións DESEUCALIPTIZADORAS, que xa realizamos o mes pasado.

Unha vez mais estaremos realizando accións de arrincado e/ou eliminación dos montes especies exóticas invasoras como o eucalipto, as acacias ou mimosas, entre outras. A través destas accións preténdese visibilizar que existe unha gran parte da sociedade que rexeita o modelo forestal actual e polo que segue a apostar o goberno da Xunta, e a vontade de procurar entre todas un monte diverso, multifuncional e sostible no que estea desterrado o monocultivo de eucalipto e a presenza doutras especies invasoras.

Así que continuaremos na mesma zona onde xa estivemos elimiando eucaliptos, mimosas e outras prantas invasoras en Tourón (Melón) o vindeiro domingo 14 de xullo de 10:00 a 14:30 horas (aproximadamente).

Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse no seguinte formulario (antes do vernes ao mediodía) >>>> [1]

Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 12 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional valorase a realización de actividades con xoves de cara a mellorar a súa integración e o establecemento de redes de apoio. (coñecemento da cidade, actividades de ocio compartido, fomentar espacios entre iguais)

[PROVIVIENDA]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional necesitamos voluntariado para colaborar nas clases de castelán e alfabetización con adultos.

[PROVIVIENDA]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional queremos que as familias poidan continuar acudindo a clases de castelán para a adquisición do idioma. Para elo necesitamos contar con voluntariado disposto a levar a cabo actividades ludicas cos cativos das familias.

[PROVIVIENDA]

Ampliar
Búscanse voluntarios para actividades de tempo libre
Actividade: Club de Ocio (actividades de fin de semana)
Proxecto ao que pertence: Servicio de Ocio e Deportes
Lugar onde se desenvolve: Saúde Mental FEAFES Galicia – Delegación de Lugo
Descrición do proxecto:
- Acompañamento a actividades socioculturais na cidade e saídas culturais, medioambientais ou recreativas por lugares próximos ao termo municipal, coa fin de promover a autonomía dos usuarios e apoiar o seu proceso de rehabilitación e recuperación
- Apoio social de forma individual e/ou a través de reunións grupais para o goce do ocio e o tempo libre de forma saudable e rehabilitadora
Postos de acción voluntaria:
- Apoio na programación de actividades
- Acompañamento nas actividades de fin de semana
- Apoio nas reunións grupais

[FEAFES GALICIA, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL DE GALICIA]

Ampliar
Fiesta de película con los/as niños/as de FEGEREC
La Federación Gallega de Enfermedades Raras e Crónicas organiza el próximo viernes 14 de junio, en horario de 17:00 a 20:00, una celebración simbólica e inclusiva, una fiesta de cumpleaños con temática de cine para todos los/as niños/as con enfermedades raras que acuden a nuestra entidad. En ella, participarán tanto niños/as con diversidad funcional como sin ella y habrá lo propio de una fiesta de cumple: juegos, merienda, tarta, etc.

Necesitamos personas voluntarias que apoyen a pequeños grupos de niños/as, puesto que se trata de menores con diversas patologías y síntomas y necesitan acompañamiento. Sin la colaboración del voluntariado, sería imposible realizar estos eventos.

Puedes inscribirte en el siguiente enlace:
https://forms.gle/z6p5pPdT5eNxcMPm7

[FEDERACION GALLEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS, FEGEREC]

Ampliar
Precisamos Docente Científico Tecnolóxico 3ºESA
Un dos nosos socios está quitando a ESA tras un largo período de inactividade académica. Precisamos unha persoa que teña coñecementos desde ámbito e nivel e tempo para implicarse.

[ASOCIACION DE PERSOAS CON PARALISE CEREBRAL DE LUGO (ASPACE LUGO)]

Ampliar

1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 8 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds