Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Festiña dos maios

Actividade:

Colaboración na festa dos maios

Características /Requisitos:

Necesitamos entre 2 e 5 persoas para colaborar connosco na organización da festa dos maios no barrio de Teis, en Vigo.

É unha festa moi humilde, organizada dende o cariño e coa finalidade primordial de xerar un espazo de convivencia e participación.

Gustaríanos poder contar ese día con voluntariado disposto a botarnos unha man. Entre as funcións a realizar ese día estarían:

- Montaxe e organización de mesas, zona infantil e material para o maio.
- Dinamización da zona para as crianzas.
- Visibilizar a festa dos maios.
- Dinamizar a participación da xente que por alí pase, para visibilizar o que se está a facer.

Información do evento: http://xaruma.org/festina-dos-maios/

Seguramente no día xurda algunha tarefiña máis. O horario do festexo é de 11 a 14, aproximadamente, aínda que a organización estaría media horiña antes e media horiña despois.

Gustaríanos poder contar contigo neste festexo! Se esta vez non podes colaborar pero che gustaría participar en próximas actividades, ponte en contacto connosco e che contamos máis concretamente.

Data Inicio Actividade: 05-11-2019
Data Fin Actividade: 05-11-2019
Data Límite Inscricións: 05-10-2019

Tipo Voluntariado:
  • Vol. e inclusión social
  • Vol. ambiental
  • Vol. cívico
Grupo de poboación coa que se colabora:
  • Infantil
  • Xuvenil
  • Adulta
  • Maior

[ASOCIACIÓN XARUMA]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds