Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

v CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA EM

Actividade:

Un ano máis, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) está a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que este ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar e domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade familiar que polos éxitos obtidos nas 4 edicións anteriores, está a converterse nun evento de referencia na cidade. Destacamos que na cuarta edición da carreira case chegamos ao milleiro de inscricións e este ano o obxectivo é incrementar a participación en todas as categorías e modalidades:

 CARREIRA segundo idade: pitufos, escolares (A, B, C), absoluta ( sub 23, senior, veteranos 1 e 2)
 ANDAINA: para todas as idades, así como para a participación de persoas con mobilidade reducida.
 DORSAL 0

Características /Requisitos:

A organización da Carreira Solidaria pola EM sería imposible sen a fundamental labor das persoas voluntarias.

PRECISAMOS PERSOAS VOLUNTARIAS UBICADAS AO LONGO DO PERCORRIDO DA CARREIRA QUE MARQUEN ÁS PERSOAS CORREDORAS A RUTA.
Non é necesaria experiencia neste tipo de eventos.
Os únicos requisitos son:
- Ter ganas de colaborar cunha causa solidaria.
- Capacidade para estar de pe unha hora.

Data Inicio Actividade: 09-06-2019
Data Fin Actividade: 09-06-2019
Data Límite Inscricións: 30-05-2019

Tipo Voluntariado:
  • Vol. e autonomía persoal
  • Vol. cívico
Grupo de poboación coa que se colabora:

    [ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]


    Volver
    xunta de galicia
    © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
    Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
    Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds