Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Acompañamento puntual e actividades de ocio

Actividade:

Dende a Asociación de Parkinson Galicia-Coruña buscamos voluntarios para varios proxectos que organizaremos próximamente:

-Acompañamiento puntual: a idea é acompañar a un dos nosos usuarios durante unha ou dúas horas ao mes para dar un pequeno respiro ás familias en momentos puntuais. O acompañamento faríase ao noso local, por exemplo, en días concretos e fixados de antemano.

-Pasiño a pasiño: é unha actividade que consiste en camiñar un ratiño por diferentes puntos da cidade, accesibles a tódolos doentes. É unha salida que lles gusta moito a todos xa que o feito de saír ao exterior e relacionarse cos seus compañeiros e cos voluntarios xa lles levanta moito o ánimo.

-Excursiones: será algo máis esporádico, pero poderían ser visitas a diferentes museos, etc.

Se quieres colaborar, ponte en contacto connosco comentándonos a túa disponibilidade y tamén en qué actividades estarías máis interesado/a.

Características /Requisitos:

Buscamos a persoas que queiran compartir o seu tempo con xente moi agradecida. Non buscamos ningún perfil concreto, xa que aínda que non estés familiarizado coa enfermidade de Parkinson, damos sempre unhas directrices básicas para manexarvos.

Data Inicio Actividade: 00-00-0000
Data Fin Actividade: 00-00-0000
Data Límite Inscricións: 00-00-0000

Tipo Voluntariado:
  • Vol. e autonomía persoal
Grupo de poboación coa que se colabora:
  • Adulta
  • Maior

[ASOCIACION PARKINSON GALICIA - CORUÑA]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds