Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Plans e programas

Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde de Galicia 2020
O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por persoas voluntarias de activades de acompañamento e apoio á información aos usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde .Estas accións voluntarias realizanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver activades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.

O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.
Ampliar
Voluntariado no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
A Consellería de Política Social pon en marcha unha campaña de promoción da acción voluntaria con motivo do Día Internacional do Voluntariado, que se celebrará o vindeiro 5 de decembro.

A partir deste martes un autobús percorrerá desde Ferrol as sete cidades e as principais vilas galegas achegando información sobre os programas que desenvolve o Goberno galego nesta materia. Baixo o lema Engánchate ao voluntariado, este autobús tamén achegará material vinculado a esta campaña para favorecer a captación de máis persoas voluntarias.
Ampliar
XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2019
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por oitavo ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
Ampliar
PROGRAMA 'SON voluntario/a' Promoción do voluntariado xuvenil nos festivais de música 'Festival de la Luz'
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

SON voluntario/a está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e empadroados en Galicia. Esta iniciativa busca promocionar o exercicio da acción voluntaria entre a xuventude, para que as persoas mozas coñezan o que significa ser voluntario e os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social.
Cómpre destacar que o nome do programa aglutina os dous conceptos presentes na filosofía da iniciativa:
- Por un lado o concepto do voluntariado (e o orgullo de realizar unha acción voluntaria).
- E por outro lado a palabra "son" relaciónase dun xeito claro e notorio co ámbito musical.
Ampliar
PASAPORTE SOLIDARIO 2019-2020
Este curso 2019/20, dentro do Plan Proxecta, unificamos todas as accións vinculadas ao ámbito da acción voluntaria que temos desde a Consellería de Política Social baixo a denominación Voluntariado Educativo. Con esta medida buscamos concentrar e favorecer a creación dun itinerario formativo completo neste ámbito, coa finalidade de promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado, favorecendo que o alumnado adquira un compromiso e implicación social a través dunha metodoloxía activa e participativa, coñecedora da realidade na que se integra.
Ampliar
VOLUNTARIADO MIÚDO: MÓVETE
A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado pon en marcha un novo programa piloto de voluntariado na educación primaria.

O proxecto MÓVETE pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.


Ampliar
PROGRAMA - REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS
O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse.
Ampliar
VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Ampliar
Programa de voluntariado para persoas con Alzhéimer
No Ano Galego do Alzhéimer, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade puxeron en marcha esta iniciativa co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer e das súas familias e coidadores.
Ampliar

[ 1 ] [ 2 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds