Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Plans e programas

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO HOSPITALARIO: AMIGOS DA ÁREA SANITARIA DE OURENSE
"Amigos da Area Sanitaria de Ourense" é un programa da Consellería de Sanidade e a Consellería de Política Social.

O proxecto de voluntariado da EOXI de Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras, nace dentro do seu Nodo de Innovación, un grupo de persoas, moitas delas profesionais sanitarias, que adican parte do seu tempo libre a tentar mellorar, con ideas innovadoras, a asistencia sanitaria e a saúde das persoas na Area de Ourense.
Ampliar
VOLUNTARIADO NO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO
O Hospital Psiquiátrico de Conxo de Santiago de Compostela precisa persoas voluntarias para levar a cabo o seu programa de voluntariado que ten por beneficiarios ás persoas ingresadas con algunha doenza psiquiátrica, cos obxectivos principais de mellorar a súa estadía no hospital e a súa calidade de vida en xeral.
Ampliar
Xuntos e voluntarios no Nadal 2018
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por sétimo ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
Ampliar
VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2018: ILLA DE ONS
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Ons.
Ampliar
PASAPORTE SOLIDARIO 2018-2019
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia o programa Pasaporte Solidario.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.

O programa consiste nun pasaporte individual destinado a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado. É dicir, cada alumno que queira participar nesta iniciativa recibirá un pasaporte e deberá facer esas sinxelas accións. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias para elixir unha.

A dinámica é tamén moi sinxela: ben individualmente, ben na clase, o alumno enche o Pasaporte Solidario. Tendo en conta que unha persoa desta Dirección Xeral estará en contacto permanente co centro para colaborar con el e solucionar calquera dúbida, cando o centro o considere conveniente entregará os pasaportes, sempre dentro deste curso escolar.

Ampliar
VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO LITORAL GALEGO 2018
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha un novo programa de voluntariado ambiental no litoral orientado a estimular o interese pola preservación e defensa ecolóxica desta zona marítima así como adquirir valores e actitudes de responsabilidade co medio ambiente no litoral.
Ampliar
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA A ATENCIÓN E ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS NOS SEUS FOGARES
O Programa de voluntariado social para a atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas nos seus fogares (ACOMPAÑO, en diante) é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xestionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.
Ampliar
Xuntos e voluntarios no Nadal 2017
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por sexto ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
Ampliar

[ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds