Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PASAPORTE SOLIDARIO 2015-2016

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia o programa Pasaporte Solidario.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.

O programa consiste nun pasaporte individual destinado a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado. É dicir, cada alumno que queira participar nesta iniciativa recibirá un pasaporte e deberá facer esas sinxelas accións. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias para elixir unha.

A dinámica é tamén moi sinxela: quer individualmente, quer na clase, o alumno enche o Pasaporte Solidario. Tendo en conta que unha persoa desta Dirección Xeral estará en contacto permanente co centro para colaborar con el e solucionar calquera dúbida, cando o centro o considere conveniente entregará os pasaportes, sempre dentro deste curso escolar.

Que é?
O Pasaporte Solidario (PS) é iso, un pasaporte que propón varias actividades solidarias. O PS é individual: entrégase un a cada neno, aínda que as acción solidarias se poden realizar en grupo.


Para que cursos?
O PS está pensado para Primaria e ESO. En cada páxina hai dúas actividades solidarias, a elixir unha para que sexa máis doado.

Canto lle custa ao centro?
Nada, por suposto. A entrega é gratuíta e mándase a cada centro os pasaportes que necesite.

E se hai dúbidas?

Unha persoa designada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado resolverá todas as dúbidas e desprazarase aos centros en canto sexa necesario.
Para seren máis operativos e áxiles, agradécese que o centro comunique que profesor ou profesores se encargan de levar adiante o PS (pode haber un alumnos, unha clase enteira, varias clases ou o colexio enteiro) para estar en contacto con eles.

Un detalle final

Os participantes recibirán un diploma e haberá premios tanto individuais como colectivos.

Como conectar

O mail de contacto é pasaportesolidario@gmail.com


Inscrición pechada para o curso 2015-2016



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds