Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA - REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado.

O programa pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade.

Cada centro escolar pode desenvolver con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, na dobre modalidade:

-Proxecto único que repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, a través dunha serie de accións voluntarias levadas a cabo polos rapaces e rapazas que incidan no coidado das instalacións, deseño de blogs, actividades fóra do centro escolar, elaboración de materiais multimedia,..., ou no apoio doutros alumnos: nas tarefas escolares, nenos/as con necesidades específicas, alumnado de novo ingreso, ...

-Proxecto realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, de xeito que os rapaces/as realicen actividades solidarias a favor da entidade de acción voluntaria. As actividades poderían ser moi variadas, e sempre en función da entidade destinataria: facer unha tómbola para conseguir fondos, organizar unha obra de teatro, concerto de panxoliñas no Nadal, …

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado prestará apoio e asesoramento en todo momento aos centros escolares que se adhiran ao programa, que recibirán unha unidade didáctica sobre voluntariado elaborada especialmente para a ocasión, e se complementará con charlas e sesións formativas, ademais de poñer a disposición dos centros interesados todos os seus recursos e medios técnicos dispoñibles na materia.

Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto recibirán un certificado desta Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Valoraranse todos os proxectos solidarios levados a cabo ao amparo deste programa, en recoñecemento ao labor solidario dos rapaces/as e ao bo facer das accións desenvolvidas.



Formulario de Inscrición

DATOS PERSOAIS
HomeMuller
Selecciona a túa dispoñibilidade (podes seleccionar unha ou varias opcións):















[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds