Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA - REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

En imaxes
O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado.

O programa pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade.

Cada centro escolar pode desenvolver con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, na dobre modalidade:

-Proxecto único que repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, a través dunha serie de accións voluntarias levadas a cabo polos rapaces e rapazas que incidan no coidado das instalacións, deseño de blogs, actividades fóra do centro escolar, elaboración de materiais multimedia,..., ou no apoio doutros alumnos: nas tarefas escolares, nenos/as con necesidades específicas, alumnado de novo ingreso, ...

-Proxecto realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, de xeito que os rapaces/as realicen actividades solidarias a favor da entidade de acción voluntaria. As actividades poderían ser moi variadas, e sempre en función da entidade destinataria: facer unha tómbola para conseguir fondos, organizar unha obra de teatro, concerto de panxoliñas no Nadal, …

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado prestará apoio e asesoramento en todo momento aos centros escolares que se adhiran ao programa, que recibirán unha unidade didáctica sobre voluntariado elaborada especialmente para a ocasión, e se complementará con charlas e sesións formativas, ademais de poñer a disposición dos centros interesados todos os seus recursos e medios técnicos dispoñibles na materia.

Todos os alumnos e alumnas participantes neste proxecto recibirán un certificado desta Dirección Xeral acreditativo da acción voluntaria realizada, que se inscribirá como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Valoraranse todos os proxectos solidarios levados a cabo ao amparo deste programa, en recoñecemento ao labor solidario dos rapaces/as e ao bo facer das accións desenvolvidas.

Os centros de ensinanza secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos que estean interesados en participar deben inscribirse cubrindo o formulario anexo, ademais de remitir o seu proxecto de voluntariado á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, edificio administrativo de San Lázaro S/N, 15707 Santiago de Compostela, ou ben ao enderezo electrónico voluntariado@xunta.es

Para calquera información adicional podedes chamar ao teléfono 981 95 79 16.




PARA CONSULTAR O LISTADO DE CENTROS ADSCRITOS AO PROGRAMA PREME AQUÍ

BLOG DO PROGRAMA REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS PREME AQUÍ

I encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios
II Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios

III Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios


I Xornada Construíndo Redes

SE TI PODES...POR QUE NON?

Obradoiros de voluntariado en acción e micromovies 2014

ACTIVIDADES DO PROGRAMA:

- 06/02/2013 Comeza o proxecto de elaboración de micromovies a prol do voluntariado na Rede de Centros escolares solidarios.

- 11/03/2013 Xornada solidaria en Ferrol a cargo 'CPI Virxe da Cela' da 'Rede de centros escolares solidarios.

RESUMO CURSO 2013-2014

No curso académico 2013-2014 participaron na RCES os seguintes centros:
-IES MUGARDOS (Mugardos, A Coruña)
-CPI VIRXE DA CELA (Monfero, A Coruña)
“Monferosolidario": educando en valores a unha nova xeración disposta ao cambio
-CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN (Dodro, A Coruña)
-IES TERRA DE SONEIRA (Vimianzo, A Coruña)
-IES MANUEL MURGUÍA (Arteixo, A Coruña)
-IES A SARDIÑEIRA (A Coruña)
-IES A PINGUELA (Monforte de Lemos, Lugo)
-IES UNIVERSIDADE LABORAL (Ourense)
-IES CARLOS CASARES (Viana do Bolo)
-CIFP FERROLTERRA (Ferrol, A Coruña)
-COLEXIO LA SALLE (Santiago de Compostela, A Coruña)
-IES DAVID BUJÁN (Cambre, A Coruña)
Aos que pertencen os 1383 alumno/as e 40 mestre/as que participaron de xeito habitual nas diferentes accións programadas no marco deste programa de voluntariado: formación en materia de voluntariado, visitas de apoio técnico aos centros, elaboración de materiais audiovisuais e deseño dun logotipo do programa. Na primavera pasada, unha selección de alumno/as da Rede participaron durante unha fin de semana nunha xuntanza que tivo lugar en Lugo e que serviu para profundizar en todos os aspectos da Rede, así como para o deseño dun logotipo representativo da mesma e na proposta de accións por parte dos rapaces para conmemorar o 5 de decembro como día internacional do voluntariado. Ao final de ano, e co obxecto de dar visibilidade a todos os traballos e logros conseguidos pola RCES, celebrarase en Santiago de Compostela o II Encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios.


Rede de Centros Escolares Solidarios - Obradoiros de voluntariado en acción e micromovies 2014
Rede de Centros Escolares Solidarios -I Xornada Construíndo Redes
II Xornada Construíndo Redes

Formulario de Inscrición

* Nome do centro:
* Enderezo do centro:
* Provincia:
* Teléfono:
* Correo electrónico:
* Nome e apelidos da persoa responsable do proxecto de voluntariado:
* Cargo deste último no centro:
* Número de alumnos que participan no proxecto de voluntariado:
* Rango de idade dos alumnos:
* Funcións que desenvolven os alumnos:
* Breve descripción do proxecto:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds