Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

CAIXÓN SOLIDARIO

En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ante as numerosas consultas recibidas, quere servir de enlace entre as entidades de acción voluntaria e os cidadáns/cidadás e establecementos que dispoñen de obxectos e materiais que xa non precisan (roupa, alimentos, xoguetes, libros, electrónica, computadores, telefonía móbil….

Por iso facemos un chamamento a todas as entidades do Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia que estean interesadas en ser receptoras de algúns destes obxectos. Estas entidades pasarán a formar parte dunha base de datos agrupada por categorías.

A Dirección Xeral porá a diposición destas entidades un apartado da súa páxina web onde os interesados poderán consultar en cada momento que entidades son receptoras e de que produtos, ademais de proporcionar esta mesma información cando lle sexa solicitada por correo electrónico ou por vía telefónica.

A Dirección Xeral limitarase a ser un mero transmisor de información, así como un elemento de enlace entre o doante e o receptor, de xeito que a aceptación, o transporte e a recepción dos elementos doados corren por conta das ditas partes, sendo allea a Dirección Xeral ás relacións que desde ese momento entablen as partes.

En todo momento farase fincapé en que os obxectos doados estean en bo estado e en condicións adecuadas para ser usados por outras persoas.

Se a vosa entidade está interesada en participar nesta iniciativa cubride o formulario de inscrición.

Pola contra se eres un particular ou establecemento interesado en doar roupa, xoguetes, libros, mobles, electrónica, alimentos ou calquera outra cousa, podes mandar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@xunta.es ou chamar por teléfono ao 900 400 800 e facilitarémosche o contacto da entidade ou entidades que máis che interesen.


Descargas asociadas

Entidades solicitantes


Descargar (Nova ventá)

Formulario de Inscrición

* Nome da entidade:
* Nº no Rexistro de Acción Voluntaria:
* Persoa de contacto:
* Localidade:
* Teléfono de contacto:
* Correo electrónico:
* Produto demandado:






* Observacións:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds