Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Servizo Voluntario Europeo

En imaxes
Anímate a ser voluntario!
Se tes entre 18 e 30 anos e vives nun dos países que participan no programa ou nun país socio, esta é a túa oportunidade para axudar aos demais e achegarte a Europa.

Logotipo do programaA continuación ofrecémosche un resumo do que é o Servizo Voluntario Europeo e dos pasos que tes que dar para iniciar un proxecto deste tipo.

¿Que é?
Trátase de ser voluntario nun país do programa ou un país veciño, sempre que sexa distinto ao teu, durante un período de tempo concreto.

¿Quen participa?
· Unha ou máis organizacións de envío;
· Unha ou máis organizacións de acollida;
· Un ou máis voluntarios

¿Que é o que vou facer exactamente?
As actividades poden ser culturais, de deportes, de axuda social, de medio ambiente, etc.

¿Cal é a duración?
No estranxeiro, sen ter en conta a preparación e a avaliación do proxecto, mínimo de dous e máximo de doce meses.

¿Onde?
Sempre nun país diferente ao da túa residencia, que sexa do programa ou un país socio.

¿Como fago un bo proxecto?
Elixindo unha organización de envío e de acollida que teñan unha boa comunicación entre elas e que che proporcionen o apoio preciso para realizar un bon programa de actividades. Tes que demostrar moito interese e entusiasmo ao longo do proxecto. Seguro que non se resistirán!

¿Como atopo unha boa organización de envío ou de acollida?
Na base de datos europea para buscar organizacións.

¿Como consigo o diñeiro para todo isto?
O SVE é gratuito para os voluntarios, todos os gastos están cubertos

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREME AQUÍ.


Web do programa Xuventude en acción en inglés
http://ec.europa.eu/youth/index_en.htm


Descargas asociadas

Folleto informativo do Servizo Voluntario Europeo [PDF] (191 KB)


Descargar (Nova ventá)

¿Voluntario para Europa? [PDF] (86 KB)

Resumo do programa Servizo Voluntario Europeo.

Descargar (Nova ventá)

Guía do Programa Xuventude en Acción 2012 [PDF] (2.301 KB)

Documento onde se explican os obxectivos e accións do programa Xuventude en Acción.

Descargar (Nova ventá)

SVE Formulario Manifestación Interese 2012 [DOC] (348 Kb)

Dirixido a entidades que desexen acreditarse para participar no programa.

Descargar (Nova ventá)

SVE Formulario Solicitude 2012 [DOC] (805 Kb)


Descargar (Nova ventá)

Modelo de acordo das actividades 2011 (177 KB)


Descargar (Nova ventá)

Coaching guide. Guía do bo tutor [PDF] (1.071 KB)

Trátase dunha Guía de apoio á Participación Xuvenil. Explica cómo ser un tutor de Iniciativas Xuvenís.

Descargar (Nova ventá)

En imaxes

Voluntariado Europeo en Allariz
A Comisión Europea selecciona o proxecto Youth Information in Motion como exemplo de boas prácticas


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds