Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Actividade de voluntariado xuvenil en espazos naturais: 6, 7 e 8 de decembro de 2019

En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001, organiza unha actividade de voluntariado ambiental para os días 6, 7 e 8 de decembro de 2019, no marco do proxecto LEWO.

O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade.
Rexistro a través do seguinte enlace:( //europa.eu/youth/solidarity_es)
-Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

Prazas: 20
Prazo de inscrición: aberto ata o mércores día 4 de decembro de 2019.
Inscrición: mediante formulario electrónico.
Admítese a inscrición en todas as actividades programadas.
A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participante da cesión dos seus datos ás persoas mentoras nas actividades aos efectos de organización, xestión e xustificación do desenvolvemento do proxecto.

Admisión:
será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . As persoas solicitantes seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non inscrición dun mínimo de persoas que garanta o normal desenvolvemento da actividade.

Cobertura:
desprazamento, manutención, aloxamento en cuartos de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla, así como calzado e roupa axeitada para as actividades ao aire libre.

Máis información:
Tfno: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

Días 6,7 e 8 de decembro de 2019
Zona:
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación.
Punto de encontro e aloxamento: Albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).
Hora de chegada: 18:00 horas do día 6 de decembro.
Hora de regreso: 17:00 horas do día 8 de decembro.


Formulario de Inscrición

* Nome:
* Apelidos:
* Estás inscrita/a no Corpo Europeo de Solidariedade?:
* Número de referencia no Corpo Europeo de Solidariedade:
* Enderezo de correo electrónico:
* Número de teléfono de contacto:
* Quendas:
* Podes comer de todo?:
* Precisas transporte para chegar ao punto de encontro?:
* Desde que cidade/pobo sairías para chegar ao punto de encontro?:
* Indica os detalles que pensas que debemos saber sobre alerxias, dificultades, etc:
* PROTECCIÓN DE DATOS:A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participantes da cesión dos seus datos ás persoas mentoras nas actividades aos efectos de organización, xestión e xustificación do desenvolvemento do proxecto:
  *[Lin e acepto a política de protección de datos];
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds