Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FORMACIÓN PARA EDUCADORES NO TEMPO DE LECER E PERSOAS VOLUNTARIAS

A aprendizaxe a as vivencias derivadas da participación nun campamento e actividades de educación no tempo libre dependen en grande medida de que as/os profesionais coñezan os recursos e estratexias que permitan dar resposta ás necesidades educativas dos nenos e nenas, empregando técnicas e recursos axeitados ás características das persoas.

Sendo conscientes disto e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unhas accións formativas de carácter presencial dirixidas ás persoas profesionais do tempo libre, co fin de concienciar, reflexionar e formar sobre a importancia do ocio inclusivo e centrado nas persoas e así atender as necesidades formativas neste ámbito.
Así mesmo, considérase necesario tamén formar ás persoas voluntarias e aos axentes educativos no ámbito do lecer e tempo libre en materia de violencia de xénero co obxectivo de dotalos de ferramentas e habilidades para a prevención, a detección e a posible intervención ante situacións de violencia de xénero e acadar, de xeito indirecto, un achegamento desta mensaxe aos mozos e mozas que participen nas actividades de ocio e tempo libre.

Os cursos que se convocan son os seguintes:


CURSO “¿SON 1 MONITOR/A INCLUSIVO/A?” CONECTA COA DIVERSIDADE NA CAMPAÑA DE VERÁN

OBXECTIVOS

• Crear un espazo vivencial, de coñecemento e reflexión que favoreza a identificación dos piares fundamentais do ocio inclusivo.
• Transmitir unha visión de igualdade entre as persoas.
• Identificar os principios e características presentes nas experiencias favorecedoras dun ocio inclusivo.
• Vincular a análise do noso contexto co marco normativo actual e co modelo de ocio inclusivo.
• Dar a coñecer ferramentas para “conectar” coa diversidade.
• Posibilitar a participación das persoas con diversidade funcional no relato das súas experiencias no desfrute do seu tempo libre.
• Colaborar na proposta de accións favorecedoras da igualdade de oportunidades e a inclusión.

PROGRAMA
PRESENTACIÓN DO CURSO
- Que é a Rede de Ocio Inclusivo Galicia?
- Dinámica de avaliación. As 3 preguntas.
- Que imos facer esta fin de semana?
- Dinámica ponte no meu lugar.
- Dinámica caixa de preguntas.

Módulo 1: SOMOS IGUAIS EN DEREITOS E OPORTUNIDADES?
- Importancia do ocio na vida das persoas.
- Modelo de Ocio Inclusivo.
- Coñecendo á persoa derrubamos barreiras.
- Cambiamos a mirada.

Módulo 2: E... SE TE POS NA MIÑA PEL?
- Obstáculos e desafíos.
- A importancia da relación persoal.
- A importancia de coidar o contexto.
- Como xestionamos apoios activos?

Módulo 3. ROLES PROFESIONAIS

Módulo 4. BRICO-ACCESIBILIDADE
- Deseña para todxs.
- Crea os teus apoios materiais.
- Brico-Consellos para os recursos materiais que teño. O produto estrela.


Módulo 5. ASÍ PLANIFICAMOS PARA TODXS!
FERRAMENTAS PARA A PLANIFICACIÓN DUN CAMPAMENTO ATENDENDO Á DIVERSIDADE.

- Situación actual dos campamentos de inclusión, específicos e posibles melloras.
- Xestión da información recibida dos/as acampados/as.
- Debate: Onde poñemos o foco, na persoa ou na discapacidade?
- Estratexias e Boas Prácticas

Módulo 6. MESA DE INQUEDANZAS

Ofrécense experiencias prácticas de 20 horas por alumno/a interesado/a nas diferentes entidades da ROIG.


LUGAR, DATA E HORARIO DE REALIZACIÓN DO CURSO:
Albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo, A Coruña
Venres, 15 de novembro 16:45 a 21:15 horas
Sábado, 16 de novembro 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas
Domingo, 17 de novembro 9:00 a 14:00 horas

Formulario de inscrición



APLICACIÓNS PRÁCTICAS DO OCIO INCLUSIVO PARA PERSOAS CON TEA


OBXECTIVOS:

• Facilitar ós profesionais do lecer distintos conceptos metodolóxicos e estratexias de intervención que lles permitan dispoñer de recursos para unha correcta intervención.
• Potenciar, desde a aprendizaxe de diferentes técnicas, a xestión do lecer de persoas con TEA.
• Capacitar ós profesionais do lecer para dar resposta ás necesidades sociais e de lecer das persoas coas que colaboran.
• Dar a coñecer estratexias para fomentar o traballo en equipo.
• Promover o cambio e a mellora no ámbito do lecer das persoas con TEA.

PROGRAMA

TEA:
- Teorías explicativas con exemplos sobre ocio.
- Metodoloxía TEACCH no xogo e no ocio
- Estrutura física do entorno
- Rutinas e estratexias de estructuración visual
- Tipos de conductas. Apoio conductual positivo.

A IMPORTANCIA DOS APOIOS VISUAIS

- Cómo se fan apoios visuais?
- Secuenciación das actividades
TICs e TEA: APPs comunicación, emocións, percepción visual, temporales-seriacións…
- Talleres prácticos

INTEGRACIÓN SENSORIAL NUN CONTEXTO DE OCIO E TEMPO LIBRE
- Cos 7 sentidos postos!!: hiposensibilidade e hipersensibilidade, cómo detectalos…
Programación e deseño de actividades tendo en conta o perfil sensorial de cada persoa, así como as actividades plantexadas para o grupo e as características dos espacios (instalacións compartidas, zonas ó aire libre, etc.)
- Benestar emocional e integración sensorial

PLANS DE OCIO PERSOAIS


RSA (REDE SOCIAL DE APOIOS): Outra forma de entender o voluntariado

ORIENTACIÓNS PARA UNHA BOA PRÁCTICA

- Coaching: Cómo actuar en equipo
- Pautas a ter en conta na práctica.
- Cómo podes axudar a unha persoa con TEA


LUGAR, DATA E HORARIO DE REALIZACIÓN DO CURSO:


Albergue xuvenil As Sinas, Vilanova de Arousa. Pontevedra
Venres, 8 de novembro 16:45 a 21:15 horas
Sábado, 9 de novembro 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas
Domingo, 10 de novembro 9:00 a 14:00 horas


Ofrécense experiencias prácticas por alumno/a interesado/a na asociación Bata.


Formulario de inscrición


EDUCACIÓN EN IGUALDADE NO TEMPO LIBRE: TODOS OS ESPAZOS LIBRES DE VIOLENCIA.


OBXECTIVO XERAL:

Sensibilizar e concienciar sobre a violencia de xénero ás persoas voluntarias e aos profesionais para que os nenos e nenas sexan coeducadas de xeito transversal e, desta maneira, promover relacións igualitarias, eliminar actividades sexistas ou que segreguen por xénero e erradicar situacións de violencia

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Desenvolver formación específica en xénero e violencia de xénero ao monitorado e persoal dinamizador das actividades de ocio e tempo libre de cara a previr e detectar posibles situacións de violencia
- Dotar de ferramentas de cara á detección, erradicación ou posible intervención das distintas formas de violencia cara as mulleres tanto no contexto de ocio e tempo libre como nos fogares.

CONTIDOS:

1. CONCEPTOS BÁSICOS EN IGUALDADE E XÉNERO
a. Sexo vs. xénero. É o xénero unha construción social?
b. O home hexemónico como elemento central de todas as sociedades
c. Como afecta na saúde física e psicolóxica das mulleres os roles de xénero?
d. Porque é importante coñecer a historia das mulleres e o significado do feminismo?
2. ORÍXENES DA VIOLENCIA DE XÉNERO
a. En verdade, sen ti non son nada?. Falemos do amor romántico
b. Tipos de violencia e formas de violencia específicas en mulleres con discapacidade
c. Porque unha muller mantense nunha relación violenta? O ciclo da violencia.
d. Consecuencias da violencia de xénero
3. A COEDUCACIÓN,a única ferramenta para previr na violencia de xénero
a. Introdución á coeducación
b. Pedagoxía feminista
c. Diversidade afectivo- sexual e de xénero
d. Desenvolvemento de xogos e dinámicas non sexistas
** Todas as temáticas abordadas contemplarán propostas de dinámicas dirixidas as persoas participantes nos cursos.

PRAZAS: Para cada un dos cursos ofértanse un total de 25 prazas para persoas voluntarias, educadores no tempo libre como monitores, monitoras, directores e directoras de tempo libre e de campos de traballo, ou outros/as profesionais do tempo libre con interese en completar a súa formación neste ámbito.

DATAS, HORARIO E LUGARES DE REALIZACIÓN DO CURSO:
As accións formativas desenvolveranse nos seguintes espazos e datas en horario de 16 a 20 horas.
Casa do Deporte, Vigo do 14 ao 17 de outubro: R/ Fotógrafo Luis Ksado nº17 - 36209 Vigo
Espazo xove de Ourense, do 14 ao 17 de outubro: R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 - 32004 Ourense
Albergue xuvenil LUG2, en Lugo do 21 ao 24 de outubro: R/ Pintor Corredoira, 4 - 27002 Lugo
Local do Quérote + en A Coruña do 21 ao 24 de outubro: Avda. Linares Rivas, 28, 8º - 15004 A Coruña
Espazo xove de Vilagarcía, do 4 ao 7 de novembro: R/ Juan Carlos I, 37 - 36600 Vilagarcía
Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de novembro: R/ Ramón Piñeiro 17-19 - 15781 Santiago


Formulario de inscrición

A INCLUSIÓN A TRAVÉS DO XOGO

OBXECTIVOS:

• Comprender a necesidade de xerar contornas inclusivas que favorezan un adecuado desenvolvemento.
• Amosar as posibilidades do xogo para a aprendizaxe e como figura inclusiva no lecer.
• Dotar de coñecementos específicos acerca do xogo inclusivo e das ferramentas para adaptar xogos convencionais a xogos inclusivos.
• Ofrecer recursos para xerar contornas inclusivas e xerar os apoios necesarios en función das necesidades das persoas.
• Dotar de ferramentas para a adaptación no xogo e para a prestación de apoios.

PROGRAMA
1. A DISCAPACIDADE: concepto, tipos, sistemas de apoio, sistemas aumentativos e alternativos da comunicación.
2. O XOGO
Concepto de xogo inclusivo.
A importancia de sentirse parte do grupo: sentimento de pertenza.
Como adaptar o xogo a todas as necesidades dos participantes.
Como fomentar a participación no xogo.

3. ADAPTACIÓNS E APOIOS: FERRAMENTAS PRÁCTICAS.

Estratexias para realizar adaptacións en xogos cotiáns.
Procura de recursos para xerar adaptacións.
Como adaptar contornas e espazos para desenvolver xogos inclusivos.
Hai tantas adaptacións como a túa imaxinación che permita.

4 .PARTE PRÁCTICA (5 HORAS)

Deseño e posta en marcha de xogos inclusivos.

LUGAR, DATA E HORARIO DE REALIZACIÓN DO CURSO:

Centro de atención integral Amicos. Lugar Comoxo 2A, Boiro (A Coruña).
4, 11, 18 e 25 de novembro de 16 a 21 horas.

Formulario de inscrición


INSCRICIÓN:
As persoas interesadas en participar nas accións formativas programadas deberán cubrir o formulario do curso no que queiran participar. O prazo para formalizar as inscricións rematará o vindeiro día 31 de outubro, agás para a formación en materia de educación en igualdade que rematará tres días antes do inicio da acción formativa de que se trate.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición e segundo a preferencia indicada, en caso de que a persoa estea interesada en varios dos cursos convocados.



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds