Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses de agosto, setembro, outubro e novembro de 2019.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.

Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.

Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade. Rexistro a través do seguinte enlace ( //europa.eu/youth/solidarity_es)
-Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.

Prazo de inscrición: do 2 de agosto de 2019 ata tres días antes da realización de cada actividade.

Inscrición: Mediante formulario electrónico.
Admítese a inscrición en todas as actividades programadas.
A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participantes da cesión dos seus datos ás persoas mentoras nas actividades aos efectos de organización, xestión e xustificación do desenvolvemento do proxecto.

Admisión:Será por riguroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non inscrición dun mínimo de persoas que garanta o normal desenvolvemento da actividade.

Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en cuartos de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla, así como calzado e roupa axeitada para as actividades ao aire libre.

Máis información:
Tfno: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO SEGUNDO SEMESTRE DO 2019:

O COUREL/TRIACASTELA
Días 25, 26 e 27 de outubro:
Zona: O Courel /Triacastela (máximo 20 persoas)

Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue a Horta de Abel, Triacastela
Hora de chegada 19:00 do día 25 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 27 de outubro
Formulario de inscrición

O COUREL-FOLGOSO DO COUREL
Día 18, 19 e 20 de outubro:
Zona: O Courel/Folgoso do Courel
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue Folgoso do Courel (Folgoso do Courel-Lugo)
Hora de chegada 19:00 do día 18 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 20 de outubro
Formulario de inscrición

O COUREL-QUIROGA
Días 8, 9 e 10 de novembro:
Zona: O Courel/Quiroga
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue de Quiroga (Quiroga-Lugo)
Hora de chegada 19:00 do día 8 de novembro
Hora de regreso: 17:00h do 10 de novembro
Formulario de inscrición

RESERVA DA BIOSFERA EO-OSCOS E TERRAS DE BURON
Días 20, 21 e 22 de setembro:
Zona: Reserva Da Biosfera Eo-Oscos e Terras de Burón
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 20 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do día 22 de setembro
Formulario de inscrición

PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-XURÉS
Días 23, 24 e 25 de agosto:
Zona: Parque Natural Baixa Limia-Xurés
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue Xuvenil de Penedos de Xacinto (Entrimo-Ourense)
Hora de chegada 19:00 do día 23 de agosto
Hora de regreso: 17:00h do 25 de agosto

Días 27, 28 e 29 de setembro:
Zona: Parque Natural Baixa Limia-Xurés
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue O Corgo (Muiños- Ourense)
Hora de chegada 19:00 do día 27 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 29 de setembro

Días 15, 16 e 17 de novembro:
Zona: Parque Natural Baixa Limia-Xurés
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue O Corgo (Muiños- Ourense)
Hora de chegada 19:00 do día 15 de novembro
Hora de regreso: 17:00h do 17 de novembro
Formulario de inscrición

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
Días 6, 7 e 8 de setembro:
Zona: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras Do Mandeo
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña)
Hora de chegada: 19:00 do día 6 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 8 de setembro
Formulario de inscrición


PARQUE NATURAL MONTE ALOIA

Días 4, 5 e 6 de outubro
Zona: Parque Natural Monte Aloia
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Seminario Menor de Tui(Tui-Pontevedra)
Hora de chegada 19:00 do día 4 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 6 de outubro
Formulario de inscrición

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
Día 11, 12 e 13 de outubro:
Zona: Complexo Dunar De Corrubedo
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Hostal Áncora (Ribeira- A Coruña)
Hora de chegada 19:00 do día 11 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 13 de outubro
Formulario de inscrición

RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO
Días 13, 14 e 15 de setembro
Zona: Reserva da Biosfera Terras Do Miño
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Seminario Santa Catalina (Mondoñedo-Lugo)
Hora de chegada 19:00 do día 13 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 15 de setembro
Formulario de inscrición

RIBEIRA SACRA-CAÑÓN DO SIL(PARADA DO SIL)
Días 30, 31 de agosto, 1 de setembro
Zona: Ribeira Sacra-Cañón do Sil (Parada do Sil)
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: Albergue a Fábrica da Luz(Para de Sil)
Hora de chegada 19:00 do día 30 de agosto
Hora de regreso: 17:00h do 1 de setembro

RIBEIRA SACRA-CAÑÓN DO SIL(PANTÓN)
Días 20, 21 e 22 de setembro
Zona: Ribeira Sacra-Cañón do Sil (Pantón)
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 20 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 22 de setembro

RIBEIRA SACRA-CAÑÓN DO SIL(SOBER)
Días 25, 26 e 27 de outubro
Zona: Ribeira Sacra-Cañón do Sil (Sober)
(máximo 20 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 25 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 27 de outubro
Formulario de inscrición

ILLA DE CORTEGADA
Días 6, 7 e 8 de setembro:
Zona: Illa de Cortegada
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Aloxamento na propia illa
Punto de encontro e aloxamento: Pensión Derbi (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Hora de chegada: 19:00 do día 6 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 8 de setembro

Días 13,14 e 15 de setembro:
Zona: Illa de Cortegada
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro: Pensión Derbi(Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Hora de chegada: 19:00 do día 13 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 15 de setembro

Días 4, 5 e 6 de outubro:
Zona: Illa de Cortegada
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: pensión Derbi (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Hora de chegada 19:00 do día 4 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 6 de outubro

Días 11, 12 e 13 de outubro:
Zona: Illa de Cortegada
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: pensión Derbi (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)
Hora de chegada 19:00 do día 11 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 13 de outubro
Formulario de inscrición

ILLA DE SÁLVORA
Días 20,21 e 22, de setembro
Zona: Illa de Sálvora
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 20 de setembro
Hora de regreso: 17:00h do 22 de setembro

Días 27, 28 e 29 de setembro
Zona: Illa de Sálvora
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 27 setembro
Hora de regreso: 17:00h do 29 de setembro

Días 18, 19 e 20 de outubro
Zona: Illa de Sálvora
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 18 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 20 de outubro

Días 25, 26 e 27 de outubro
Zona: Illa de Sálvora
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro e aloxamento: A determinar
Hora de chegada 19:00 do día 25 de outubro
Hora de regreso: 17:00h do 27 de outubro
Formulario de inscrición

ILLAS CIES
Días 8, 9 e 10 de novembro
Zona: Illas Cíes
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro: Peirao de Vigo (Vigo-Pontevedra)
Hora de chegada 19:00 do día 8 de novembro
Hora de regreso: 17:00h do 10 de novembro
Aloxamento na propia illa.
Formulario de inscrición

ILLA DE ONS
Días 22, 23 e 24 de novembro:
Zona: Illa de Ons
(máximo 8 persoas)
Tipo de actividade: preservación e conservación
Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)(Bueu-Pontevedra)
Hora de chegada 19:00 do día 22 de novembro
Hora de regreso: 17:00h do 24 de novembro
Aloxamento na propia illa.
Formulario de inscrición







Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds