Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA 'SON voluntario/a' Promoción do voluntariado xuvenil nos festivais de música

INSCRICIÓN PECHADA. O NÚMERO DE SOLICITUDES XA SUPEROU ÁS PRAZAS OFERTADAS

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social, pon en marcha un novo programa para promover o voluntariado xuvenil nunha área de especial interese e implicación da mocidade como son os festivais de música.

SON voluntario/a está destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e empadroados en Galicia. Esta iniciativa busca promocionar o exercicio da acción voluntaria entre a xuventude, para que as persoas mozas coñezan o que significa ser voluntario e os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social.
Cómpre destacar que o nome do programa aglutina os dous conceptos presentes na filosofía da iniciativa:
- Por un lado o concepto do voluntariado (e o orgullo de realizar unha acción voluntaria).
- E por outro lado a palabra "son" relaciónase dun xeito claro e notorio co ámbito musical.

INSCRICIÓN PECHADA. O NÚMERO DE SOLICITUDES XA SUPEROU ÁS PRAZAS OFERTADAS

Primeira experiencia: O Son do Camiño

A organización do programa SON voluntario/a correrá por conta da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que o executará a través da Rede galega de dinamización xuvenil, e en colaboración coa Asociación Festivais de Galicia nos seus eventos asociados.
Co obxectivo de ampliar o programa a eventos de igual natureza, a primeira experiencia desta iniciativa poñerase en marcha no festival O Son do Camiño 2019 en colaboración cos organizadores do mesmo. O Son do Camiño terá lugar no Monte do Gozo (Santiago de Compostela), do 13 ao 15 de xuño.

Obxectivos do programa
• Promover entre a xuventude galega o coñecemento da acción voluntaria.
• Enganchar aos mozos e mozas a actividades de voluntariado nun espazo relaxado e de diversión.
• Participar en eventos dirixidos a público mozo (como é o caso dos festivais de música) non só como espectador, senón tamén como axente activo.
• Conseguir que os mozos e mozas se sintan partícipes dos festivais, que vivan a experiencia desde dentro e poidan sentirse útiles prestando axuda e dando información ao público asistente.

Requisitos
• Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
• Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).


Actividades a realizar polas persoas voluntarias
• Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos WC...).
• Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
• Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.

Cuestións organizativas
• Os mozos e mozas voluntarias terán un punto de referencia e de encontro dentro do recinto do propio festival, que no caso de O Son do Camiño será a carpa de Xuventude.
• Nese punto de encontro estará o persoal da Rede galega de dinamización xuvenil, encargado da coordinación do programa e enlace de contacto cos responsables da organización do evento.
• Os voluntarios/as realizarán unha quenda dun máximo de 3 horas/día. No caso concreto de O Son do Camiño, establécese o seguinte cronograma:
Xoves 13, 3 quendas de 4 voluntarios por cada unha (de 16.00h. a 19.00h./- de 19.00h. a 22.00h./de 22.00h. a 01.00h.)
Venres 14: 3 quendas de 4 voluntarios por cada unha (de 16.00h. a 19.00h./de 19.00h. a 22.00h./de 22.00h. a 01.00h.)
Sábado 15: 3 quendas de 4 voluntarios por cada unha delas (de 16.00h. a 19.00h./ de 19.00h. a 22.00h./de 22.00h. a 01.00h.).
• Previamente, todos os mozos e mozas seleccionados para participar no programa deberán superar un curso básico sobre voluntariado, que estará dispoñible na web http://www.voluntariadogalego.org.

Dereitos dos mozos e mozas voluntarios participantes
• Bono para acceder ao festival O Son do Camiño.
• Certificado de experiencias voluntarias expedido por parte da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, previa solicitude do participante.
• Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Obrigas dos mozos e mozas voluntarios participantes

• Asistencia a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestións de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
• Compromiso de asistencia á quenda previamente determinada e fixada cos coordinadores do programa. De non presentarse, quedarán bloqueados todos os dereitos anteriormente expostos.
• Realizar só as actividades que se contemplan neste programa como accións de voluntariado. Calquera outra indicación non se considerará actividade de carácter voluntario vinculada a SON Voluntario.
• Os gastos de transporte e hospedaxe, de ser o caso, serán de conta das persoas voluntarias.
• As persoas voluntarias acudirán ao punto de encontro que será a carpa da Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado dentro do recinto.

COMO PARTICIPAR???

Os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos, empadroados en Galicia, e que queiran vivir unha experiencia única como voluntarios/as en O Son do Camiño poden inscribirse no programa SON Voluntario da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do formulario dispoñible na páxina web http://www.voluntariadogalego.org.

Nesta ocasión ofértanse un total de 36 prazas, que serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.


O prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 9 de xuño.
INSCRICIÓN PECHADA. O NÚMERO DE SOLICITUDES XA SUPEROU ÁS PRAZAS OFERTADAS



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds