Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO DIXITAL

O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Política Social, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a una maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.

O programa combina o ámbito do voluntariado e as novas tecnoloxías mediante a creación dunha rede de voluntarios e entidades colaboradoras que ofrecen a súa axuda para introducir aos participantes na sociedade da información e o coñecemento.
As entidades colaboradoras poden ser de tres tipos:
Entidades de acción voluntaria:Son as organizacións do terceiro sector e de acción voluntaria que participan directamente na execución do proxecto. Para adherirse ó programa deberán estar inscritas no Rexistro de entidades de acción voluntaria da Xunta de Galicia

Organismos Colaboradores Estratéxicos: Trátase de entidades públicas e/ou privadas que representan intereses profesionais, académicos, empresariais e/ou sociais, que se converten en colaboradoras fundamentais do programa dunha maneira continua e duradeira.

Mecenas Dixitais: Son empresas privadas do sector TIC que participan nas diferentes liñas de mecenado definidas no programa.

A inscrición e solicitude realizarase de maneira on-line na web do programa: voluntariadodixital.xunta.es

Se es un internauta maior de 18 anos, cun coñecemento tecnolóxico de usuario medio e unha entidade de acción voluntaria inscrita no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, anótate como voluntariado dixital e/ou entidade de acción voluntaria na web do programa voluntariado dixital.
Se es unha empresas do sector TIC ou un organismo interesado en colaborar con nós, podes manifestar o teu interese a través da web do programa voluntariado dixital.

Máis información:
Correo electrónico:voluntariadodixital@xunta.es
web: http://voluntariadodixital.xunta.gal/

Para aclarar dúbidas tamén poder pinchar neste enlace: VOLUNTARIADO DIXITAL



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds