Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO HOSPITALARIO: AMIGOS DA ÁREA SANITARIA DE OURENSE

"Amigos da Area Sanitaria de Ourense" é un programa da Consellería de Sanidade e a Consellería de Política Social.

O proxecto de voluntariado da EOXI de Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras, nace dentro do seu Nodo de Innovación, un grupo de persoas, moitas delas profesionais sanitarias, que adican parte do seu tempo libre a tentar mellorar, con ideas innovadoras, a asistencia sanitaria e a saúde das persoas na Area de Ourense.

Neste contexto xurde "Amigos da Área Sanitaria de Ourense", como un intento de mellorar a experiencia dos cidadáns en contacto co ambiente sanitario e ao mesmo tempo, facilitar a toda persoa interesada, a oportunidade de colaborar socialmente cedendo parte do seu tempo libre aos pacientes e aos seus acompañantes.

Na azotea do Edificio de Hospitalización de Ourense dispomos dunha cuberta biosaudable que conta cun espazo de paseo ao aire libre, un horto terapéutico, unhas mesas e un parque biosaudable (máquinas para facer exercicio). Poder acceder a esta cubierta presenta grandes beneficios para doentes e acompañantes pola influenza amosada tanto da estancia ao aire libre, a realización de actividade básica ou da sociabilización, na calidade de vida e estado de ánimo das persoas.

Para poder acceder á cubierta o doente deberá estar acompañado.

Na sociedade ourensana actual son persoas maiores que, ou veñen sos ou con outros familiares tamén maiores. Neste contexto poder dispor dun voluntario que comparta parte do seu tempo libre con eles, e os leve ata a cubierta é fundamental. Non so lles permitirá beneficiarse dos efectos positivos do uso deste espazo, se non que o alivio que supón para estas persoas dispor de compaña ou incluso para a parella poderse tomar un respido durante o día mentres un voluntario queda co seu familiar, é inconmensurable.

O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria, dese modo pretendemos:
*Mellorar a calidade asistencial prestada aos doentes e aos seus acompañantes nun marco de humanización do hospital.
*Mellorar a calidad de vida de doentes e coidadores.
*Aumentar a satisfacción de pacientes e coidadores.
*Contribuir a que o ingreso hospitalario sexa o máis "amable" posible, conseguir que os pacientes e familiares se sintan nun ambiente cercano e confortable.
*Incidir no cumprimento dos principios de solidariedade, implicación e participación da cidadanía na consecución dos intereses públicos previstos no artigo 4 da Lei de acción voluntaria.

Se és maior de idade e tes unhas poucas horas libres á semana, plantexate pasar esas horas con nos, non subestimes toda a axuda que pode supoñer o teu tempo e a túa compaña para os doentes de Ourense e os seus acompañantes.

Só tes que cubrir o formulario de inscrición que atoparás a continuación.

Como entidade, organismo ou institución pública ou privada tamén poderás contribuir.

Unha vez que teñamos os teus datos poñerémonos en contacto contigo, deberás realizar una formación online para poder comezar a colaborar.

Moitas gracias

Agardámoste!!


Formulario de Inscrición

* NOME:
* APELIDOS:
* DNI/NIE:
* DATA DE NACEMENTO: / /
* ENDEREZO:
* POBOACIÓN:
* CP:
* PROVINCIA:
* TELÉFONO DE CONTACTO:
* CORREO ELECTRÓNICO:
* PROFESIÓN:
* FORMACIÓN ACADÉMICA:
* INDICA A TÚA DISPOÑIBILIDADE HORARIA:
* ERES PERSOA VOLUNTARIA NALGUNHA OUTRA ASOCIACIÓN?:
EN CASO AFIRMATIVO INDICA EN QUE ASOCIACIÓN ERES PERSOA VOLUNTARIA:
EN CASO DE QUERER PLANTEXAR UN PROXECTO OU INICIATIVA, DESCRIBEA NESTE APARTADO:
OBSERVACIÓNS:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds