Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2018: ILLA DE ONS

En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Ons.

O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación etnográfica, medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.


As actividades previstas son as seguintes:

• Ruta de recoñecemento da illa e lugares de traballo.
• Eliminación de lixo mariño nas praias e sistemas dunares.
• Eliminación de Especies Vexetais Exóticas Invasoras (EEI).
• Eliminación de rebrotes de eucaliptos.
• Labores por definir en caso de crisis ambiental como incendio, vertedura de hidrocarburos, varamentos de animais mariños...


O programa desenvolverase en quendas de 5 días, onde poderán participar un máximo de 6 persoas voluntarias, do seguinte xeito:
1ª QUENDA: Do 24 ao 28 de setembro.
2ª QUENDA: Do 01 ao 05 de outubro.


O PROGRAMA INCLÚE:

1.Desprazamento á illa e regreso.
2.Manutención.
3.Aloxamento
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro dende onde serán recollidos en barco para o seu traslado á illa.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a súa indumentaria debe ser axeitada ás actividades a realizar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste programa poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario de inscrición:

Nota: Só se poderá cubrir o formulario unha vez, se precisaras facer algún cambio de quenda debes indicalo enviando un mail a voluntariado@xunta.es. Se voltases a cubrir o formulario perderás o teu posto e pasarás directamente ao final da lista.


Formulario de Inscrición

* NOME:
* APELIDOS:
* DNI:
* DATA DE NACEMENTO: / /
* SEXO:
* ENDEREZO:
* POBOACIÓN:
* CP:
* PROVINCIA:
* TELÉFONO DE CONTACTO:
* CORREO ELECTRÓNICO:
* ESTUDOS:
* PROFESIÓN:
* QUENDAS:
OBSERVACIÓNS:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds