Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Xuntos e voluntarios no Nadal 2017

En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por sexto ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 120 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra).
Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2017 e o 7 de xaneiro de 2018, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante os días que dura o programa.

“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña aos maiores que alí se atopen.

As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado .

Os gastos de desprazamento das persoas voluntarias dende o seu domicilio ata a residencia que elixan, son pola súa conta.

Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expediralles un certificado acreditativo onde conste a labor realizada e as tarefas desenvolvidas polo voluntario/a, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que atoparás a continuación. O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.


Formulario de Inscrición

* Nome:
* Apelidos:
* DNI:
* Data de nacemento: / /
* Sexo: H M
* Enderezo:
* Concello:
* CP:
* Provincia:
* Teléfono de contacto:
* Correo electrónico:
* Formación académica:
* En que residencia queres colaborar:

* Indica que días e en que xornada (mañá ou tarde) estarías dispoñible:






























* Colaboraches ou colaboras noutros programas de voluntariado?: Si Non
En caso afirmativo indica en cales e con que colectivos:
* Colaboraches con este programa noutras edicións: Si Non
En caso afirmativo indica en que ano/s:
* Cal é a motivación que te leva a facer de voluntario?:
Observacións que queiras facer constar:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds