Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, un novo programa de voluntariado ambiental. Nesta ocasión NO PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO

O programa desenvolverase en quendas de 5 días no que grupos de ata un máximo de 9 persoas voluntarias realizarán diferentes actividades no Parque Natural do Invernadeiro.

Quendas:
Do 11 ao 15 de setembro
Do 18 ao 22 de setembro
Do 25 ao 29 de setembro

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a indumentaria que leven debe ser axeitada ás actividades a realizar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario de inscrición:

Nota: Só se poderá cubrir o formulario unha vez, se queredes facer algún cambio de quenda teredes que indicalo enviando un mail a voluntariado@xunta.es. Se volvedes a cubrir o formulario perderedes o voso posto e pasaredes directamente ao final da lista.



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds