Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017: ILLA DE ONS

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, poñen en marcha o derradeiro programa para este ano de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste caso desenvolverase na Illa de Ons.

O obxectivo principal que se pretende acadar con estes programas é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque:

•Campaña de eliminación de alóctonas (Acacia melanoxilum, Rubina pseudoacia e Eucaliptus globulos e Arctotheca calendula).
•Apoio as tarefas de guías e información.
•Avistamentos costeiros de aves e mamíferos mariños.
•Seguimento plan de anfibios.
•Apoio ás tarefas de mantemento.
•Adecuación de camiños, construción de sinais indicativos.
•Reforestación con especies autóctonas.
•Limpeza de praias e sistemas dunares.

O programa desenvolverase en quendas de 5 días, onde poderán participar un máximo de 10 persoas voluntarias, do seguinte xeito:
1ª QUENDA: Do 18 ao 22 de setembro.
2ª QUENDA: Do 25 ao 29 de setembro.


O PROGRAMA INCLÚE:

1.Desprazamento á Illa e regreso.
2.Manutención.
3.Aloxamento
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro dende onde serán recollidos en barco para o seu traslado á illa.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a súa indumentaria debe ser axeitada ás actividades a realizar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario de inscrición:

Nota: Só se poderá cubrir o formulario unha vez, se precisaras facer algún cambio de quenda debes indicalo enviando un mail a voluntariado@xunta.es. Se voltases a cubrir o formulario perderás o teu posto e pasarás directamente ao final da lista.



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds