Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO AMBIENTAL A PEROXA 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental no Concello de A Peroxa.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias xunto cunha persoa monitora realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre as necesidades de coidado e preservación da masa forestal.

O PROGRAMA INCLÚE:

1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.

OBXECTIVOS

Dimensionar a superficie de acacias.
Establecer as estratexias de erradicación.
Controlar e erradicar as mimosas na superficie de actuación



TRABALLO E ACTIVIDADES


a) Sondaxe de mamíferos
b) Roteiro e sondaxe polas Carballeiras da Peroxa
c) Traballos de erradicación de especies invasoras
d) Recuperación da memoria etnográfica da Peroxa

ACTIVIDADES LÚDICAS


Visitas ás Termas de Ourense, Pazo de Fontefiz, Castro de Santo Tomé, obradoiros de prantas
mediciñais, reutilización das mimosas como teitos verdes, orientación.

LOCALIZACIÓN


O Voluntariado Ambiental levaráse a cabo polo concello de A Peroxa e a súa Comarca.

CONDICIÓNS XERAIS


Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:

-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.

-Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).


DATAS:

A primeira quenda, dun total de catro, comeza o luns 7 de agosto:

- Primeira quenda: Do 7 ao 11 de agosto
- Segunda quenda: Do 14 ao 18 de agosto
- Terceira quenda: Do 21 ao 25 de agosto
- Cuarta quenda: Do 28 de agosto ao 01 de setembro

Se estás interesada/o en participar rechea o correspondente formulario de inscrición.



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds