Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NAS ILLAS CÍES 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha por cuarto ano consecutivo o programa de voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes.

Durante os meses de xullo e agosto un grupo formado por dous voluntarios terán a oportunidade de participar, de mércores a mércores, apoiando e acompañando a persoas ou grupos de persoas con diversidade funcional que visiten a illa nas actividades que desenvolvan na mesma.

Os voluntarios deberán realizar un curso previo de formación para poder participar. Este curso será presencial e realizarase o día 10 de xullo de 10:00 a 14:00h en Vigo. (Para formalizar a inscrición debes premer a seguinte ligazón http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=297&pag=0 antes do 7 de xullo ás 12:00h).

As persoas que xa realizaron o curso nas edicións de 2015-2016 non é necesario que se matriculen, pódense anotar directamente ao programa.

En canto ás súas funcións estas serán básicamente de acompañamento nas rutas e actividades que se fagan pola Illa.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento en tenda de campaña.
2. Manutención.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado á illa.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que obteñan praza, deberán ter en conta que:
-Deben levar saco de durmir.
-Non deben esquecerse da protección solar.
-Recomendámoslle levar unha mochila pequena.

Ao finalizar a súa participación neste programa, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

O prazo de inscrición rematará cando se peche o formulario de inscrición do curso o venres 7 de xullo ás 12:00h.




Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds