Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS - SÁLVORA E CORTEGADA 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, poñen en marcha o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase nas Illas de Sálvora e Cortegada co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.

O programa desenvolverase en quendas de 1 día, en grupos de 10 voluntarios do seguinte xeito:

Sálvora : 14 de xullo,21 de xullo,28 de xullo, 4 de Agosto, 11 de agosto, 18 de agosto e 25 de agosto.
Cortegada: 12 de xullo, 19 de xullo, 26 de xullo, 2 de agosto,9 de agosto e 23 de agosto.


O PROGRAMA INCLÚE:

1. Manutención.
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado ás illas.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-Deben levar unha mochila pequeña.
-Non deben esquecer a crema solar.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia (como solicitar o certificado das experiencias voluntarias inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria).





Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds