Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO GOLD EOXI LUGO, CERVO E MONFORTE

En imaxes
O "Voluntariado Gold EOXI Lugo, Cervo e Monforte" é un programa da Consellería de Sanidade e a Consellería de Política Social.

O proxecto de voluntariado da EOXI Lugo, Cervo e Monforte nace dentro do seu Plan de Humanización co OBXECTIVO XERAL de establecer unha cultura que terá a misión de ser a forza que impulse a organización cara a excelencia na atención de cada ser humano como usuario dun establecemento de saúde

O voluntariado Gold é unha aposta pola participación das persoas, sanitarias ou non sanitarias, en situación laboral activa ou desempregada; estudantes, xubilados,…, en definitiva, calquera persoa que estea interesada en compartir o seu tempo cos demáis.

Os obxectivos do programa son:
*Sumar calidade humana á calidade técnica.
*Contribuír á mellora da satisfacción das necesidades dos usuarios.
*Dar prioridade á calidade de trato aos doentes.
*Proporcionar información e comunicación o máis claras e comprensibles posible.
*Imprimir unha maior seguridade, confianza e respecto.
*Reforzar os apartados de confortabilidade e accesibilidade no centro hospitalario.
*Contribuír á mellora das condicións e calidade de vida das persoas durante a súa estancia hospitalaria.
*Incidir no cumprimento dos principios de solidariedade, implicación e participación da cidadanía na consecución dos intereses públicos previstos no artigo 4 da Lei de acción voluntaria.

Poderá ser voluntaria/o calquera persoa maior de idade que desexe doar parte do seu tempo, ou calquera entidade, organismo ou institución pública ou privada que queira contribuír ao desenvolvemento do voluntariado.

Basta con dispor dunhas poucas horas libres á semana.

Para facerte voluntaria/o debes cubrir o correspondente formulario de inscrición que atoparàs a continuación, ou dirixirte á Unidade de Humanización da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte ubicada no Hospital Universitario Lucus Augusti (4ª planta, R/Ulises Romero nº1, Lugo Telf 982296856), ben directamente ou a través das áreas administrativas de calquera outro centro sanitario do Servizo Galego de Saúde en Lugo.

Unha vez que teñamos os teus datos poñerémonos en contacto contigo para realizar unha formación presencial previa á túa colaboración.

A Xunta pon en marcha un proxecto de voluntariado hospitalario no que participan xa máis de 40 asociacións


Descargas asociadas

Díptico


Descargar (Nova ventá)

Formulario de Inscrición

* Nome:
* Apelidos:
* DNI:
* Data de nacemento: / /
* Enderezo:
* Poboación:
* CP:
* Provincia:
* Teléfono de contacto:
* Correo electrónico:
* Profesión:
* Formación académica:
* Centro no que desexas colaborar:



* Indica a túa dispoñibilidade horaria:
* Eres voluntario nalgunha outra asociación:
En caso afirmativo indica en que entidade:
* Actividades nas que desexas colaborar:












* En caso de querer plantexar un proxecto ou iniciativa, describea neste apartado:
Observacións:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds