Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboracion coa Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaboran na realización do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS.

O Plan LÍA de Bibliotecas Escolares contempla entre os seus obxectivos o de “incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas, aproveitando os seus recursos para unha mellor atención da diversidade, e unha máis óptima atención á multiculturalidade, ás necesidades educativas específicas e ao plurilingüismo”, así como o de “estimular a experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa”. Unha das liñas estratéxicas deste plan é a de “acadar maiores cotas de implicación das familias na formación dos novos lectores”.

Por outra parte, unha das funcións da biblioteca escolar é a de axudar a paliar as desigualdades no acceso aos recursos culturais e de acceso ao coñecemento, poñendo a disposición de todo o alumnado, independentemente da súa situación socioeconómica, todas as ferramentas precisas para avanzar na súa formación como lector crítico e como usuario e produtor de información, competencias claves na actual sociedade da información.

Con este fín crease o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS dentro do cal se engloban unha serie de iniciativas tales como:

1.- Concesión do Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
A finalidade desta iniciativa é a de recoñecer a bibliotecas nas que se traballa de forma salientable a compensación de desigualdades e se fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

As características específicas son:
* Convocatoria específica por curso escolar.
* Presentación de memorias por parte dos centros interesados
* Concesión dos selos (15 por curso escolar)

2.- Voluntariado na biblioteca Escolar
Neste caso a finalidade é o recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de certificado ou diploma acreditativo do traballo realizado.

As características son:
* Destinado a alumnado de ESO, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.
* As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa, no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado


3.- Voluntariado de Lectura-A
A finalidade é estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

As características desta iniciativa son:
* Incorporación ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias desta inciativa xa en marcha


Para máis información e para saber como participar en cada unha das iniciativas debedes entrar nas seguintes descargas asociadas.

Centros adscritos a accións de voluntariado na biblioteca escolar. Bibliotecas Escolares Solidarias 2015/2016
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/837

Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidaria" para o curso 2016/2017


Descargas asociadas

listaxes de centros adscritos nas accións:-Voluntariado de lectura-A(Primaria) -Voluntariado na Biblioteca escolar (Secundaria e outros)2015-2016

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18091

Descargar (Nova ventá)

Resolución do 10 de decembro de 2015

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2015/2016Descarga

Descargar (Nova ventá)

Relación de centros adheridos á iniciativa Voluntariado na biblioteca escolar

Unha das iniciativas incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Son en total 20 centros

Descargar (Nova ventá)

Enlace ao portal educativo

Enlace portal educativo

Descargar (Nova ventá)

Enlace a páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia

Enlace Bibliotecas Escolares de Galicia

Descargar (Nova ventá)

Resolución do 8 de maio de 2015 da convocatoria do programa Voluntariado de Lectura-A, Curso escolar 2014-2015


Descargar (Nova ventá)

Listaxe de centros inscritos na acción Voluntariado de lectura-A

LISTAXE DE CENTROS

Descargar (Nova ventá)

Resolución de 13 de maio de 2015, que modifica a resolución anterior, coa relación definitiva de centros seleccionados


Descargar (Nova ventá)

PROGRAMA DAS XORNADAS CURSO ESCOLAR 2014-2015


Descargar (Nova ventá)

Xornadas de Voluntariado de Lectura-A en Culleredo 2015

Enlace á nova

Descargar (Nova ventá)

Resolución do 5 de decembro de 2014

Resolución do 5 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos que inicia un novo programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As accións incluídas neste programa, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, van destinadas aos centros públicos, de nivel non universitario e de titularidade da consellería, para o curso 2014/2015.

Descargar (Nova ventá)

Resolución do 24 de novembro de 2014

Ábrese o prazo para solicitar a participación no programa de Voluntariado de lectura-A para o curso 2014/2015, destinado a centros que contan con alumnado de 5º e 6º de primaria como colaboradores da biblioteca escolar
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de decembro.


Descargar (Nova ventá)

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds