Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NOS ESPAZOS XOVE DA REDE GALEGA DE CENTROS XUVENIS

En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas maiores de 18 anos.

Con este programa preténdese fomentar a participación e solidariedade entre a poboación, adquirir unha formación non formal no ámbito das actividades formativas e lúdicas que se realizan nos Espazos Xove e servir de plataforma para o desenvolvemento dunha cidadanía dinámica, participativa, solidaria e comprometida.

Cada Espazo Xove require a colaboración de ata tres voluntarios en horario flexible de 08:30 a 22:30h (no verán só de 08:30 a 15:00) para realizar as seguintes tarefas:

- Colaborar na elaboración e dinamización da información xuvenil nos Institutos, centros culturais, parroquias e concellos que abrangue o Espazo Xove.
- Colaborar nas actividades organizadas polo Espazo Xove.
-Propoñer actuacións para desenvolver nos espazos que redunden en benefício da mocidade da zona.
- Colaborar e propoñer actividades que fomenten a participación e a creatividade.
- Colaborar na organización de obradoiros , actividades de solidariedade, campañas informativas, etc...
- Colaborar e propoñer todas aquelas iniciativas que sexan de interese para a poboación xuvenil e que redunden nunha mellora dos servizos que ofrecen e poidan ofrecer os Espazos Xove.

Beneficios para as/os voluntarias/os:
As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito xuvenil, na organización, xestión e dinamización de programas e actividades que se desenvolvan nos Espazos Xove o que redundará nunha maior riqueza persoal.

Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntaria/o recibirá da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un certificado que acreditará a súa experiencia neste programa.


Formulario de Inscrición

Nome:
Apelidos:
DNI:
Data de nacemento:
Sexo: H M
Enderezo:
Poboación:
Cp:
Provincia:
Teléfono:
Correo electrónico:
Estudos:
Profesión:
Espazo xove no que estás interesado en colaborar:









Observacións:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds