Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Programa de voluntariado para persoas con Alzhéimer

En imaxes
No Ano Galego do Alzhéimer, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade puxeron en marcha esta iniciativa co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer e das súas familias e coidadores.

Este programa xorde coa idea de fomentar que os cidadáns teñan un maior coñecemento e solidariedade cara ás persoas que padecen esta demencia e contribúan a garantirlle unha vida digna a estas enfermos, na súa maioría persoas maiores.

O apoio de persoas voluntarias na atención dos enfermos de Alzhéimer permítelles gozar da compaña doutras persoas e axúdalles a mellorar o seu estado de ánimo,e para as familias e persoas coidadoras é unha axuda de gran valor.

As persoas voluntarias realizarán nestes Centros fundamentalmente funcións de acompañamento
Estarán dirixidas por un profesional ou responsable do centro e contribuirán a que os usuarios participen nas diversas actividades que se desenvolven no centro, a apoialo na súa mobilidade, a realizar as actividades da súa vida cotiá e a ocupar o seu tempo libre.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nos seguintes centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar:

Centros de día de Alzhéimer de
A Coruña:

A Coruña
A Coruña (AFACO)
Ferrol (AFAL)
Ribeira (AGADEA)
Noia (AGADEA)
Santiago de Compostela (AGADEA)
Lugo:
Burela
Lugo (AFALU)
Celeiro (Viveiro)
Pontevedra:
A Estrada (AGADEA)
Lalín (Geriatros)
Moaña

Residencias de Maiores de:
A Coruña:

Laraxe (Cabanas)
Caranza (Ferrol)
Ribeira
Lugo:
Castro Riberas do Lea(Castro de Rei)
Centro Asimédica Virgen de la Luz (Monforte)
As Gándaras(Lugo)
Quiroga
Ourense
Bande
Nosa Señora dos Miragres (Barbadás)
Pontevedra:
Meixoeiro (Vigo)
Monte Arieiro (Vigo)

As persoas voluntarias tamén poderán realizar as súas tarefas con enfermos que viven nos seus propios domicilios proporcionándolles acompañamento e apoiando aos seus coidadores habituais; sempre e cando éstes estean interesados en recibir este servizo.

As entidades interesadas en contar con voluntarios para acompañamento domiciliario son:


Asociacións de familiares de enfermos de Alzhéimer

AFAOR (Ourense)
AFAGA (Vigo)

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS www.fagal.org


Formulario de Inscrición

* Nome:
* Apelidos:
* DNI:
* Data de nacemento: / /
* Enderezo:
* Localidade:
* CP:
* Provincia:
* Teléfono:
* Correo electrónico:
* Profesión:
* Formación académica:
* Experiencia con persoas con alzheimer: Si Non
Centros de día de Alzheimer de A Coruña::





Centros de día de Alzheimer de Lugo::


Centros de día de Alzheimer de Pontevedra::


Residencias de Maiores de A Coruña::


Residencias de Maiores de Lugo::



Residencias de Maiores de Ourense::

Residencias de Maiores de Pontevedra::

Asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer::

Observacións:
  [Política de protección de datos]
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds