Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Plans e programas

Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2017
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por cuarto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.
Ampliar
'Xuntos e Voluntarios no Nadal 2016'
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por quinto ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.

O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofertanse 120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 120 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra).
Ampliar
PASAPORTE SOLIDARIO 2016-2017
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia o programa Pasaporte Solidario.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.

O programa consiste nun pasaporte individual destinado a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado. É dicir, cada alumno que queira participar nesta iniciativa recibirá un pasaporte e deberá facer esas sinxelas accións. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias para elixir unha.

A dinámica é tamén moi sinxela: quer individualmente, quer na clase, o alumno enche o Pasaporte Solidario. Tendo en conta que unha persoa desta Dirección Xeral estará en contacto permanente co centro para colaborar con el e solucionar calquera dúbida, cando o centro o considere conveniente entregará os pasaportes, sempre dentro deste curso escolar.

Ampliar
VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NAS ILLAS CÍES 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por terceiro ano consecutivo o programa de voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes.
Ampliar
VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE ONS 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.
Ampliar
PROGRAMA DE RECOÑECEMENTO DA SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o programa de Recoñecemento da Serra da Enciña da Lastra.
Ampliar
PROGRAMA DE RECUPERACIÓN PATRIMONIAL NO MONTE ALOIA 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o programa de Recuperación patrimonial no Monte Aloia.
Ampliar
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, un programa piloto de información e control dos visitantes do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
Ampliar
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE DO INVERNADEIRO-2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o programa de voluntariado no Parque Natural do Invernadeiro.


Ampliar
FINS DE SEMANA SOLIDARIOS NA ALDEA DE SALGUEIRO (PARQUE NATURAL DO XURÉS)2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha, xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o programa de voluntariado na Aldea de Salgueiro.
Ampliar

1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds