Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso en liña: Voluntariado interxeracional

A inscrición estará aberta ata o 25 de outubro.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no
Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
Módulo I_ Voluntariado interxeracional e envellecemento activo.
-Claves do envellecemento activo
- O rol do voluntariado no envellecemento activo
-beneficios do voluntariado interxeracional

Módulo II_ Espazos para a intervención dende o voluntariado interxeracional.
-Claves no desenvolvemento de proxectos interxeracionais
-Os proxectos de acompañamento de voluntariado interxeracional
-Os proxectos educativos de voluntariado interxeracional

Módulo III_ A promoción da igualdade dende a acción voluntaria interxeracional.
- Análise da situación: Roles de xénero, estereotipos e linguaxe sexista. Que podemos facer dende o voluntariado interxeracional?
- Unha perspectiva do xénero no voluntariado interxeracional
- A visibilización da muller maior nos proxectos de voluntariado interxeracional
Medida do PEVX
Medida nº 35- Visibilizar en campañas e actuacións ás mulleres maiores.

Módulo IV_ Metodoloxías innovadoras para o voluntariado interxeracional.
-Aprendizaxe servizo (ApS)
-Teatro social
-Radio

Módulo V_ Boas prácticas no voluntariado interxeracional dende unha perspectiva de xénero.
-Achegamento a proxectos interxeracionais no ámbito galego
-Claves para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional dende unha
visión de xénero.

Medida do PEVX
Medida nº 19- Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero”.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso “Voluntariado interxeracional” aborda unha serie de contidos que tocan aspectos vencellado a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuación de sensibilización. Na que o voluntariado poderá aprender estratexias e ferramentas para abordar de xeito preventivo o fenómeno da violencia de xénero, e por outra banda adquirir unha maior concienciación das vivencias da vítima en situacións cotiás a través da súa escenificación, xerando un espazo para a transformación da realidade da vítima, e que nos permite xear unha resposta social ante o maltratador, e de protección da vítima.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 17 de setembro ao 25 de outubro.

Data prevista de realización: do 29 de outubro ao 29 de novembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds