Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso en liña: Especialización en voluntariado 2019

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro .

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no
Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO 1: MARCO DE REFERENCIA. APROXIMACIÓN XERAL.
1.1 As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?; Marco legal e manexo da normativa vixente.
1.2 A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses das persoas voluntarias. Dereitos e deberes das persoas voluntarias.
1.3 As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan as entidades e as persoas voluntarias, identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria, quenes poden ser as persoas destinatarias da acción voluntaria e perfiles.

MODULO 2: A PLANIFICACIÓN DE PROXECTOS DE VOLUNTARIADO.
2.1. Que entendemos por planificación e programación. Que se planifica. Niveis da planificación.
2.2. Identificación e delimitación de proxectos de voluntariado.
2.3. Deseño e redacción do proxecto. Estrutura.
2.4. Avaliación. Finalidade e obxectivos. Que avaliamos. Tipos de avaliación. Criterios de avaliación. Como avaliamos. Con que avaliamos. Indicadores da avaliación.
2.5. Presentación de proxectos. Aspectos que debe recoller unha boa presentación.
2.6. Execución e posta en marcha. Cuestións importantes a ter en conta en canto á xestión. Organización e xestión. Principais áreas de xestión.
2.7. Xustificación e redacción da memoria.

MÓDULO 3: A XESTIÓN DO VOLUNTARIADO.
3.1. Integrar ás persoas voluntarias no proxecto da entidade. A fase previa de preparación.
3.2. As fases do ciclo do voluntariado:
Fase de definición de perfiles, captación e selección.
Fase de incorporación: compromiso e acollemento.
Fase de desenvolvemento: organización, formación, comunicación, participación e seguimento.
Fase de recoñecemento.
Fase de desvinculación..

MÓDULO 4: A FORMACIÓN DO EQUIPO. A MOCHILA DE RECURSOS. BOAS PRÁCTICAS. TENDENCIAS NO VOLUNTARIADO
4.1. A formación do equipo de traballo no que participan as persoas voluntarias.
4.2. A mochila de recursos: habilidades sociais, técnicas de traballo en equipo, resolución de conflitos, a xestión emocional e as relacións socio - afectivas, a implicación e a motivación.
4.3. Boas prácticas para manter a motivación das persoas voluntarias, do persoal contratado e das entidades.
4.4. Tendencias no voluntariado.

MÓDULO 5: APROXIMACIÓN XERAL AO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
5.1. Introdución.
5.2. Eixes de acción.
5.3. Eixe 1. Medida 19
5.4. Educación en igualdade en Galicia.
5.5. Enlaces de interese.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: A inscrición estará aberta ata o 29 de outubro.

Data prevista de realización: do 4 ao 29 de novembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds