Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso en liña: Voluntariado ambiental 2019

O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20 horas

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
Módulo I.
O voluntariado ambiental.
-Obxectivos do voluntariado ambiental
-Crise ambiental e participación social
-Marco legal do voluntariado

Módulo II. Un escenario de degradación ambiental.
- O papel do home na degradación ambiental
- Consecuencias e impactos
- Como actuamos dende o voluntariado?

Módulo III. Sensibilización e educación ambiental dende unha perspectiva de xénero.
- Educación ambiental como ferramenta transformadora en igualdade
-Tipoloxía de actuacións de educación ambiental dende a perspectiva do voluntariado.
- A superación do sesgo androcéntrico no desenvolvemento socioambiental
- Educación ambiental e perspectiva de xénero: claves para a súa integración

Módulo IV. Voluntariado ambiental e xénero.
-Relacións de xénero e medioambiente
-A superación do sesgo de xénero no desenvolvemento socioambiental
-Actuacións de voluntariado ambiental dende unha perspectiva de xénero: claves para a súa integración no contexto rural.

Medidas do PEVX

Medida nº 31-
Ter en conta na realización das campañas de sensibilización contra a violencia de xénero, a maior incidencia desta nas mulleres que viven no ámbito rural e as súas circunstancias.

Módulo V. Boas prácticas no voluntariado ambiental dende unha perspectiva de xénero.
- Experiencias de interese
-Recursos para o voluntariado ambiental

Medida do PEVX
Medida nº 19-
Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso “Voluntariado ambiental” aborda unha serie de contidos que tocan aspectos
vencellados a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuación de sensibilización. Dende este
eixe encadrado no Pacto de Estado, os contidos abordados neste curso pretenden
transversalizar a perspectiva de xénero de xeito xeral, como un escenario para a promoción da convivencia e a igualdade entre mulleres e homes.

Modalidade:
En liña

Lugares de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data prevista de realización: 11 de novembro a 11 de decembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds