Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: Voluntariado interxeracional 2019

INDICA NO APARTADO OBSERVACIÓNS O LUGAR ONDE QUERES REALIZAR O CURSO

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 4 (Pontedeume, Lalín, Ourense e Ferrol)

Nº de prazas: 25 prazas por edición

Contidos:
Módulo I- Voluntariado interxeracional e envellecemento activo_5h.

-Claves do envellecemento activo
- O rol do voluntariado no envellecemento activo
-beneficios do voluntariado interxeracional

Módulo II- Espazos para a intervención dende o voluntariado interxeracional_4h.
-Claves no desenvolvemento de proxectos interxeracionais
-Os proxectos de acompañamento de voluntariado interxeracional
-Os proxectos educativos de voluntariado interxeracional

Módulo III- A promoción da igualdade dende a acción voluntaria interxeracional_2´5h.
- Análise da situación: Roles de xénero, estereotipos e linguaxe sexista. Que podemos facer dende o voluntariado interxeracional?
- Unha perspectiva do xénero no voluntariado interxeracional
- A visibilización da muller maior nos proxectos de voluntariado interxeracional
Medida do PEVX
Medida nº 35-
Visibilizar en campañas e actuacións ás mulleres maiores.

Módulo IV- Metodoloxías innovadoras para o voluntariado interxeracional_ 6h.

-Aprendizaxe servizo (ApS)
-Teatro social
-Radio

Módulo V- Boas prácticas no voluntariado interxeracional dende unha perspectiva de xénero -2´5h.
-Achegamento a proxectos interxeracionais no ámbito galego
-Claves para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional dende unha visión de xénero.

Medida do PEVX
Medida nº 19-
Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero”.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso “Voluntariado interxeracional” aborda unha serie de contidos que tocan aspectos vencellado a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuación de sensibilización. Na que o voluntariado poderá aprender estratexias e ferramentas para abordar de xeito preventivo o fenómeno da violencia de xénero, e por outra banda adquirir unha maior concienciación das vivencias da vítima en situacións cotiás a través da súa escenificación, xerando un espazo para a transformación da realidade da vítima, e que nos permite xear unha resposta social ante o maltratador, e de protección da vítima.

Modalidade:
presencial

Lugar de impartición:
Espazo Xove de Lalín: R/ Pena Toares, 2 - 36500 Lalín
Espazo Xove de Ourense: R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 - 32004 Ourense
Ferrol: Edificio Administrativo Ferrol: Praza Camilo José Cela, s/n - 15403 Ferrol

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización:
Espazo Xove de Lalín: do 21 ao 25 outubro de 16:00 a 20:00 horas
Espazo Xove de Ourense: do 9 ao 13 decembro de 16:00 a 20:00 horas
Ferrol: do 16 ao 20 de decembro de 16:00 a 20:00 horas.

INDICA NO APARTADO OBSERVACIÓNS O LUGAR ONDE QUERES REALIZAR O CURSO

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver