Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: Os primeiros pasos no voluntariado 2019

INDICA NO APARTADO OBSERVACIÓNS O LUGAR ONDE QUERES REALIZAR O CURSO

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20 horas

Nº de edicións:
3 (Santiago, Lugo, A Coruña)

Nº de prazas: 25 por edición

Contidos:
Módulo I_ Achegamento ao voluntariado _4h.
- Que é o voluntariado?
- O perfil do voluntariado
- Tipoloxía accións voluntarias
- A ética da acción voluntaria

Módulo II_ O “efecto cascada” no voluntariado _5h.
- O fortalecemento das redes na acción voluntaria
- O traballo en equipo e outras vías para o empoderamento do voluntariado
- Efectos positivos do “efecto cascada”

Módulo III_ A formación da persoa voluntaria_6h.
- Competencias básicas da persoa voluntaria na relación de axuda
- Habilidades de comunicación interpersoal
- A importancia das emocións na acción voluntaria

Módulo IV_ A igualdade no voluntariado: un enfoque transversal e vertebrador_2´5h.
- Perspectiva do xénero no voluntariado
- A promoción da igualdade na acción voluntaria dende a sensibilización social
-Análise dos roles de xénero tradicionais
--Falemos a mesma linguaxe. O uso dunha linguaxe non sexista
-Afrontando estereotipos. Un caso específico: o Xoguete
Medida do PEVX
Medida nº24- Desenvolver campañas de prevención e sensibilización con mensaxes positivos,
unitarios e adaptados ás exixencias de cada momento, implicando á sociedade no seu conxunto,
e elixindo os momentos máis favorables para a súa difusión, como por exemplo, os veráns. Esas
campañas deben focalizarse no rexeite ao maltratador, e presentar exemplos de mulleres fortes
e valentes, sen recorrer ao cliché das vítimas.
Medida nº 32-Fomentar o xogo e os xoguetes igualitarios mediante campañas e recomendacións
directas a empresas e espazos educativos

Módulo V_ Boas prácticas na acción voluntaria dende unha perspectiva de xénero
- Achegamento a boas prácticas na acción voluntaria dende unha perspectiva de xénero
Medida do PEVX
Medida nº 19- Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero”.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia
de xénero o curso “Os procesos participativos na acción voluntaria” aborda unha serie de
contidos que tocan aspectos vencellados a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuacións de sensibilización. Dende este curso formativo o voluntariado aprenderá estratexias de participación que impliquen dotar en calquera proceso participativo unha perspectiva de xénero, o cal faise totalmente necesario para a visibilización e a sensibilización de cara a rachar coas desigualdades entre homes e mulleres.

Modalidade: presencial

Lugar de impartición:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil Santiago de Compostela: R/ Ramón Piñeiro 17-19 - 15781 Santiago
Albergue Xuvenil Lug II: R/ Pintor Corredoira, 4 - 27002 Lugo
Centro Quérote A Coruña: Avda. Linares Rivas, 28, 8º - 15004 A Coruña

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Datas previstas de realización:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil Santiago de Compostela: do 4 ao 8 novembro de 16:00 a 20:00 horas
Albergue Xuvenil Lug II: do 11 ao 15 novembro de 16:00 a 20:00 horas
Centro Quérote A Coruña: do 18 ao 22 novembro de 16:00 a 20:00 horas

INDICA NO APARTADO OBSERVACIÓNS O LUGAR ONDE QUERES REALIZAR O CURSO

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds