Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: Voluntariado ambiental 2018

O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 24 de maio ás 14:30h.

<font color=red>Curso presencial</font>: Voluntariado ambiental 2018Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: 25

Contidos:

Módulo I. O voluntariado ambiental.
-Enmarcando as liñas principais do voluntariado ambiental
-Marco legal do voluntariado
-Por qué voluntariado ambiental?
- A participación social: Unha necesidade no contexto actual

Módulo II. A dimensión da crise ambiental
- O papel do ser humano na degradación ambiental
- Escenarios da crise ambiental: Crise climática, biodiversidade e crise das desigualdades
- Consecuencias e impactos
- Como actuamos dende o voluntariado?

Módulo III. Sensibilización e educación ambiental.
- Educación ambiental como ferramenta transformadora
-Tipoloxía de actuacións de educación ambiental dende a perspectiva do voluntariado

Módulo IV. Boas prácticas no voluntariado ambiental
- Experiencias de interese
- Estratexias e recursos para o voluntariado ambiental no noso contexto

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela)

Data de realización: Do 28 de maio ao 01 de xuño.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds