Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: Curso de voluntariado. Nivel básico 2017

O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 28 de abril ás 14.30 horas.

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: 25

Obxectivos
- Definir o concepto de voluntariado e os seus diferentes enfoques
- Visibilizar o ciclo do voluntariado nunha entidade
- Coñecer e dispor de modelos e soportes de documentación para a xestión do voluntariado.
- Identificar as claves para recoñecer a labor do voluntariado e os beneficios para entidades e voluntarios/as.
- Aprender a elaborar e xestionar proxectos de voluntariado tendo en conta o contexto e as características das persoas ás que van dirixidos.

Contidos:
3 DE MAIO
- Presentación do curso e das persoas participantes.
- Introdución: evolución histórica do voluntariado.
- Reflexións sobre o concepto de voluntario.
- As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?
10 DE MAIO
- Marco legal e manexo da normativa vixente. Análise comparada: a Lei galega e a Lei estatal.
- Que é e como funciona o Rexistro das accións de voluntariado en Galicia:
entidades e acreditación de experiencias.
- Axentes que interveñen:
- A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses. Pasos a seguir para converternos nunha persoa voluntaria.
- As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan coas persoas voluntarias: a carta de compromiso, obrigas legais e administrativas. Identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria.
- As persoas destinatarias das accións voluntarias. Perfiles.
24 DE MAIO
A xestión do voluntariado:
- Onde e como se poden integrar as persoas voluntarias?
- O ciclo do voluntariado: selección, incorporación, formación, acción, avaliación e desvinculación. Elaboración e revisión de modelos e soportes documentais para a xestión do voluntariado.
31 MAIO
A formación do equipo de traballo no que participan as persoas voluntarias.
- Habilidades sociais e xestión dos conflictos.
- A motivación das persoas voluntarias e das entidades.
- Como fomentar a participación nas accións voluntarias
7 DE XUÑO
Traballo colaborativo sobre recursos e experiencias de voluntariado.
Boas prácticas para manter e incorporar a novas persoas aos proxectos.
Conclusións.
Avaliación.

Metodoloxía:
Traballaranse os contidos mesturando teoría e práctica. Cada sesión seguirá un guión de traballo que promoverá a participación activa do alumnado tanto no desenvolvemento e execución dos contidos propios do curso como na elaboración de instrumentos prácticos de utilidade para continuar aprendendo unha vez rematado o curso.
Utilizaremos unha metodoloxía baseada na construción compartida de coñecementos mediante o uso de técnicas e dinámicas de análise e reflexión, de participación e cohesión grupal e, dinamización. Os principios metodolóxicos das sesións serán a participación colaborativa, a aprendizaxe significativa, a integración, o respeto e a flexibilidade.

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil (R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Santiago de Compostela)

Data de inscrición: do 17 ao 28 de abril.

Data de realización: 3, 10, 24, 31 de maio e 7 de xuño.

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds