Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel básico 2016 (2ª edición)

[REALIZADO]

<font color=blue>Curso en liña</font>: Curso de voluntariado. Nivel básico 2016 (2ª edición)Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia que non realizaran con anterioridade o curso básico de voluntariado.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 2ª edición

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Este curso básico de iniciación ao voluntariado pretende ser unha introducción ao mundo do voluntariado, que é, como naceu, que o rixe, etc...

Inclúe a historia do voluntariado, tipos de voluntariado, marco legal, que son as entidades de acción voluntaria, como facerte voluntario e onde, e incorporación da persoa voluntaria a unha entidade.

MÓDULO I: INTRODUCIÓN AO MUNDO DO VOLUNTARIADO
1.1-Que é o voluntariado.
1.2- Evolución histórica do voluntariado en España.
1.3-Situación actual do voluntariado en España.
1.3.1.- O perfil das persoas voluntarias.
1.3.2.- Tipoloxía e áreas de actuación do voluntariado.
MÓDULO II: A ÉTICA DA ACCIÓN VOLUNTARIA
2.1- Motivacións, aptitudes e actitudes da persoa voluntaria.
2.2- Marco legal do voluntariado a nivel internacional, europeo, estatal e da CC.AA. de Galicia.
2.3- Dereitos e deberes das persoas voluntarias.
2.4- Perfil da persoa voluntaria.
MÓDULO III: AS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA
3.1- Definición de entidades de acción voluntaria.
3.2- A relación das entidades de acción voluntaria e as persoas voluntarias.
3.3- As persoas destinatarias da acción voluntaria.
3.4- Pasos a seguir para ser voluntario/a. Onde facer voluntariado en Galicia?.
MÓDULO IV: A INCORPORACIÓN DA PERSOA VOLUNTARIA NUNHA ENTIDADE DE ACCIÓN VOLUNTARIA
4.1-O programa de voluntariado.
4.2- A chegada da persoa voluntaria (incorporación de voluntarios).
4.3- A formación da persoa voluntaria.
4.4- O desenvolvemento da acción voluntaria.
4.5- A desvinculación da persoa voluntaria.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición desta segunda edición do curso
: do 23 de agosto ao 30 de setembro de 2016

Data de realización desta segunda edición do curso: do 03 de outubro ao 03 de novembro de 2016

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds