Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DENDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS. OURENSE

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DENDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS. OURENSEO prazo de inscrición estará aberto do 22 de xuño ao 05 de xullo ás 12:00 horas

Desde o Plan de formación contínua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DESDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS.

Os participantes aprenderán a utilizar unha serie de ferramentas que lles permitirá definir os seus proxectos de innovación social dixital, atopar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa.

OBXECTIVOS:
**Innovación social: Lograr que os participantes adquiran nocións/definicións/ exemplos/ casos prácticos e que é a innovación social.
**Os contidos do curso están orientados a traballar dun modo colaborativo a través de diferentes ferramentas e que empoderen aos asistentes á formación para abordar proxectos de innovación social dixital.
**O plantexamento teórico, existirá nun 20% e o 80% estará dirixido a adquirir de maneira práctica unha Caixa de ferramentas que nos permita: definir una realidade, encontrar solución a problemas, traballar de maneira colaborativa e planificar acción.

DESTINATARIOS:
*Voluntari@s dixitais.
*Persoal técnico de entidades de acción social que estean a participar nestes intres no programa de voluntariado dixital.
*Persoal técnico das empresas que colaboran nestes intres no programa de voluntariado dixital.
*Axentes TIC das aulas CeMIT impulsoras de proxectos de innovación social dixital.
*En xeral,calquera persoa ou organización interesada nestes temas


LUGAR: Centro La Molinera Ourense. Rúa do Abrevadeiro nº1. Ourense

DATAS E HORARIOS:
DÍA 6 DE XULLO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
DÍA 7 DE XULLO: de 10:00h a 14:00h

O curso estrutúrase en dúas xornadas cun total de 12 horas de duración. Para ter dereito á expedición do certificado de asistencia deberase asistir a totalidade das horas.

Nª PRAZAS

Máximo 50

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 5 de xullo ás 12:00


Para máis información : programa.

Programa Canvas Ourense


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds