Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DENDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS. SANTIAGO DE COMPOSTELA

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DENDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS. SANTIAGO DE COMPOSTELAO prazo de inscrición estará aberto do 22 de xuño ao 04 de xullo ás 08:00 horas


INSCRICIÓN PECHADA


Desde o Plan de formación contínua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL DESDE UNHA ANÁLISE DE FERRAMENTAS CANVAS.

Os participantes aprenderán a utilizar unha serie de ferramentas que lles permitirá definir os seus proxectos de innovación social dixital, atopar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa. 

OBXECTIVOS:
**Innovación social: Lograr que os participantes adquiran nocións/definicións/ exemplos/ casos prácticos e que é a innovación social.
**Os contidos do curso están orientados a traballar dun modo colaborativo a través de diferentes ferramentas e que empoderen aos asistentes á formación para abordar proxectos de innovación social dixital.
**O plantexamento teórico, existirá nun 20% e o 80% estará dirixido a adquirir de maneira práctica unha Caixa de ferramentas que nos permita: definir una realidade, encontrar solución a problemas, traballar de maneira colaborativa e planificar acción.

DESTINATARIOS:
*Voluntari@s dixitais.
*Persoal técnico de entidades de acción social que estén a participar nestes intres no programa de voluntariado dixital.
*Persoal técnico das empresas que colaboran nestes intres no programa de voluntariado dixital.
*Axentes TIC das aulas CeMIT impulsoras de proxectos de innovación social dixital.
*Enxeral,calquera persoa ou organización interesada nestes temas

LUGAR: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG: Rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela.

DATAS E HORARIOS:
DÍA 4 DE XULLO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
DÍA 5 DE XULLO: de 10:00h a 14:00h

O curso estrutúrase en dúas xornadas cun total de 12 horas de duración. Para ter dereito á expedición do certificado de asistencia deberase asistir a totalidade das horas.

Nª PRAZAS

Máximo 50

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 4 de xullo ás 08:00


Para máis información :  programa.

¡INSCRICIÓN PECHADA!

Programa Santiago


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds