Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: Voluntariado no centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: Voluntariado no centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xéneroO prazo de inscrición estará aberto do do 9 ao 27 de maio ás 14.30 horas

DATAS DE REALIZACIÓN: 2, 7, 9, 14, 16 e 21 de xuño de 2016
HORARIO: 9.30h-14.00h
LOCALIDADE: Santiago de Compostela.
LUGAR: Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero.
PERSOAS DESTINATARIAS: Entre 25 e 30 persoas voluntarias.
REQUISITOS: Valorarase ter realizado algunha acción formativa relacionada coa prevención e/ou tratamento da violencia de xénero.
DURACIÓN: 25 horas
ORGANIZACIÓN: Secretaría xeral da Igualdade e Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta e Galicia

CONTIDOS:
1. Breve Resumo: Que é a violencia de xénero? Que din as nosas leis da
violencia de xénero?
2. Consecuencias psicolóxicas en mulleres e menores que sufriron
violencia de xénero. Reconceptualización da “vítima”. Recoñecemento
de sinais de impacto persoal en menores.
3. Técnicas de habilidades comunicativas e sociais.
4. Técnicas e estratexias de motivación e control das emocións.
5. Exercicio de dereitos das mulleres que sofren violencia de xénero:
especial atención trala aprobación do Estatuto da vítima.
6. Pautas de actuación do persoal voluntario. Vitimización secundaria. Qué
facer e dicir e qué non facer e non dicir sendo persoal voluntario.
7. Técnicas de autocoidado para o voluntariado.
8. Cómo colaborar como persoal voluntario co CRI. Experiencias e boas
prácticas.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds