Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: VOLUNTARIADO DIXITAL 2015 ´Design Thinking para a Innovación Social Dixital´

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: VOLUNTARIADO DIXITAL 2015 ´Design Thinking para a Innovación Social Dixital´O programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 baixo o título "Design Thinking para a Innovación Social Dixital".

O obxectivo deste plan formativo, é ofrecer as ferramentas e as metodoloxías máis avanzadas no eido mundial para xerar ideas, detectar necesidades sociais e resolver problemas, apostando pola innovación como un proceso colaborativo.

A través da formación, realizaremos proxectos reais nos que se traballen todas as fases da metoloxía design thinking.

Tomaremos como referencias prácticas os 10 proxectos seleccionados na iniciativa da Amtega, CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital, a través do cal, preténdese:

• Mellorar o entorno social local
• Propiciar a colaboración cidadá
• Facilitar a conexión entre cidadáns e aliados dixitais locais
• Transformar o modelo das aulas CeMIT, asentando unha nova forma de entender os desafíos sociais e de encontrarlles resposta.

Máis información: https://cemit.xunta.es/cemit-innova


DESTINATARIOS

Persoas voluntarias dixitais, persoal técnico das entidades de acción social, axentes TIC e persoas usuarias da Rede de Aulas de Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) e en xeral, calquera persoa e/ou organización interesada na innovación social dixital.

Nª PRAZAS

Máximo 50

LUGAR DE CELEBRACIÓN

Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia-CNTG- Rúa Airas Nunes S/N Conxo Santiago de Compostela.

DATA DE CELEBRACIÓN

BLOQUE I: 17 e 18 de xuño.
BLOQUE II: 1 e 2 de xullo.

HORARIO

De 16:00 a 20:00h

PRAZO DE INSCRICIÓN

Ata o 16 de xuño


CONTIDOS TEÓRICOS:
- ¿Que é a creatividade?
- ¿Que é a innovacción?
- Técnicas creativas
- Estudos cualitativos para recoller datos e detectar necesidades de mercado
- Estudos cualitativos para a avaliación dos datos recollidos por parte do usuario
- Metodoloxía do Design Thinking
- Storytelling no Design Thinking

CONTIDOS PRÁCTICOS:
- Ximnasia creativa
- Exercicios sobre cada unha das técnicas creativas para ensaiar e ‘aprender facendo’
- Elaboración de prototipos dos proxectos levados a cabo
- Análise, desenvolvemento e avaliación dos proxectos
- Realización das presentacións a través do Storytelling
- Presentación grupal

PROGRAMA COMPLETO DO CURSO


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds