Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso en liña: Aprendizaxe-servizo: Unha metodoloxía para a formación e a acción voluntaria 2015

[REALIZADO]

<font color=blue>Curso en liña</font>: Aprendizaxe-servizo: Unha metodoloxía para a formación e a acción voluntaria 2015O prazo de inscrición estará aberto do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro ás 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia e profesores dos centros educativos da Comunidade Autónoma galega
Nº. de horas: 20
Nº. de edicións: 1
Nº. de prazas: sen límite
Contidos:

Módulo I: Aprendizaxe-servizo: Un marco de educación e compromiso da cidadanía
- Aprendizaxe-servizo: definición
- Características esenciais dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- Tipoloxía de experiencias de APS
- Escola e APS
- Entidades de voluntariado e APS

Módulo II: As claves dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- O carácter integrador da APS: O proceso de aprendizaxe e o servizo á comunidade
- O traballo en rede na comunidade. De onde parte a APS?. Posibilidades para a acción
- APS Versus Voluntariado: sinerxias para a mellora dende unha perspectiva comunitaria

Módulo III: O deseño dun proxecto de aprendizaxe-servizo
- A aplicación dun proxecto de aprendizaxe-servizo na miña realidade (escola, entidades sociais, concellos...)
- As fases nun proxecto de APS
- Traballo práctico: Deseño do noso proxecto de APS - Bosquexo dunha proposta adaptada a nosa realidade.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 20 de xaneiro ao 19 de febreiro
Data de realización: do 20 febreiro ao 23 de marzo ás 14:30 horas

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso. É obrigatorio cubrir todos os datos en MAIÚSCULAS e sen acentos.

1º - Unha vez cuberto o formulario, comproba que os teus datos son correctos e preme o botón ENVIAR.

2º De xeito inmediato, recibirás na túa conta de correo, unha mensaxe na que se che pide que VALIDES a túa conta de correo electrónico premendo na ligazón que aparece noutra cor e subliñado..

É conveniente que valides a conta antes de que finalice o prazo de anotación no curso xa que SELECCIÓN DOS/AS ALUMNOS/AS obedecerá á DATA DE VALIDACIÓN non á de inscrición.

3º Unha vez rematado o prazo de inscrición do curso, no caso de ser admitida a túa matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten establecido un mínimo de prazas por curso. En caso de non completarse, suspenderase..


(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
* Áreas nas que colabora:





* Áreas nas que lle interesaría colaborar:





[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.

Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds