Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Curso presencial: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO IV CROWDFUNDING 2013

[REALIZADO]

<font color=red>Curso presencial</font>: VOLUNTARIADO DIXITAL: Redes sociais e comunicación 2.0. MÓDULO IV CROWDFUNDING 2013O prazo de inscrición estará aberto dende o 6 de maio ao 26 de xuño ás 14.30 horas.

NOTA IMPORTANTE: Este curso está dividido en 4 módulos, pero está pensado para que se poida facer independientemente cada un deles polo que se queres anotarte a máis de un cubre o correspondente formulario. Recibirás un diploma por cada módulo que realicesDestinatarios/as: Voluntarios e voluntarias dixitais e persoal técnico das entidades de acción social adheridas ao programa Voluntariado Dixital, e en xeral, calquera persoa e/ou organización interesada nesta materia.

Nº de horas: 8 horas

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: 100

Modalidade: Presencial

Contidos: Expedirase un certificado en función das partes do curso realizadas.

Parte IV: CROWDFUNFING

▪ Novos sistemas de financiación a través das redes sociais. Plataformas de Crowdfunding.

Xoves 27 de xuño

PLATAFORMA DE CROWDFUNDING GOTEO (http://goteo.org/). Rede social para cofinanciar e colaborar con proxectos innovadores que fomentan o procomún. Financiación colectiva con ADN aberto.
Susana García Noguero, Directora de Xestión Estratéxica en Goteo.org. Presidenta da Fundación Fuentes Abiertas.

PLATAFORMA DE CROWDFUNDING AGORA + QUE NUNCA (http://www.agoramaisquenunca.org/) Agora + que nunca é unha plataforma impulsada por Cruz Vermella para axudar á poboación do noso país debido á situación actual. Emprega as novas tecnoloxías e o poder das redes sociais para axudar ás persoas.

Sandra López Salmonte, Responsable de Proximidade Local de Cruz Vermella Galicia.

Venres 28 de xuño

O CROWDFUNDING NA FINANCIACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO ONL (http://www.tecnolongia.org/)

Jaume Albaigès, Consultor TIC para ONL e autor do blog TecnolONGia.org

EXPERIENCIAS PRÁCTICAS DE CROWDFUNDING NO ÁMBITO CULTURAL: PROXECTO FALTA FAI!. (http://www.aiovai.com) Videoclip informal da feira do San Martiño.
Pablo Nimo Liboreiro, Crowdfunding e licenzas Creative Commons no desenvolvemento de proxectos audiovisuais colectivos


Lugar de impartición: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e Aulas CeMIT

+ En formato presencial no CDTIC ubicado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia CNTG :Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo 15702 - Santiago de Compostela


+ Por videoconferencia nas seguintes aulas CeMIT:

*AMES: Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián s/n, Bertamirans-Ames.
*BETANZOS: Oficina Municipal de Informacion Xuvenil de Betanzos, Rúa Emilio Romay nº1.
*ORTIGUEIRA: Antigo Centro de Saúde, Rúa Márquez Cortiñas s/n.
*FISTERRA: Telecentro de Fisterra, Chalet de Vilas, Rúa Virxe da Cerca nº7, Fisterra.
*A CORUÑA: Centro Cívico de Eiris (1ª planta), Rúa Fray Pedro Piñeiro s/n.
*CELANOVA: Concello de Celanova, Plaza Maior s/n.
*A CAÑIZA: Casa da Cultura da Cañiza. Rúa do Progreso s/n.
*VIGO: Concello de Vigo. Rúa Oporto, 1.

IMPORTANTE: Todas aquelas persoas que desexen realizar o curso a través dalgunha das aulas CEMIT indicadas, deben especificar en cal delas o farán no apartado de observacións da ficha de inscrición.


Data de realización: 27 e 28 de xuño

Horario: 16:00-20:00 (xoves e venres pola tarde)

DESCARGA DO PROGRAMA


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds